Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Área de Emprego e Empresa

A Coruña é unha cidade cunha gran tradición comercial. A súa historia é inseparable do dinamismo que representa o comercio, iniciado por eses pioneiros do Século XIX que montaron as súas tendas en rúas tan emblemáticas como San Andrés, rúa Real ou Os Cantóns. Por outra banda, o desenvolvemento dos barrios da cidade non se entendería sen a paralela implantación dos comercios, conformando así os seus sinais de identidade. Ultramarinos, droguerías, as primeiras tendas de roupa, xoierías, librerías, ópticas, xogueterías, todo un armazón de comercios e tendas cuxa permanencia no tempo constitúe parte primordial da vida social e cultural da Coruña. O Concello da Coruña desenvolve, a través da Concellería de Empresa e Economía Social, unha serie de proxectos cuxo obxectivo é a consolidación dese dinamismo comercial que sempre foi un dos buques insignia que identifica de forma destacada a nosa cidade.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?