Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2017

Accede Papagaio acolle esta fin de semana as xornadas 'CreActiva, arte e cultura como medio e opción de vida', dirixidas a potenciar a economía creativa e a industria cultural local

A proposta, enmarcada no programa Emprendemento Coruña impulsado polo goberno local, contará o venres 15 cunha charla aberta á cidadanía de Olga Osorio, Manel Cráneo e Cecilia Portela

A Concellería de Emprego e Economía Social, área que dirixie Alberto Lema, celebrará esta fin de semana, os días 15 e 16 de setembro, as xornadas gratuítas Creactiva, arte e cultura como medio e opción de vida, unha proposta enmarcada no programa Emprendemento Coruña, impulsado polo goberno local coa finalidade de englobar, baixo o mesmo paraugas, todas as iniciativas destinadas á promoción e o estímulo da actividade empresarial na cidade. As xornadas, que acollerá o viveiro de empresas Accede Papagaio, nacen co obxectivo de potenciar a economía creativa e da industria cultural a través da xeración de ideas, detección de necesidades e creación de sinerxías entre as e os axentes da Coruña que están a revolucionar o sector a nivel local desde diversas disciplinas, como as artes plásticas, cultura, industria creativa, marketing dixital, animación, videoxogos, publicidade ou  novas tecnoloxías aplicadas á creatividade.

Na primeira xornada, desde as 10.00 horas do venres 15, celebrarase a mesa redonda As experiencias que nos inspiran, unha proposta aberta á cidadanía na que participarán a cineasta Olga Osorio, o artista multidisciplinar Manel Cráneo e a deseñadora de moda Cecilia Portela.  Xa pola tarde, contra ás 16.00 horas, terá lugar, dentro do programa, o encontro As redes que nos sosteñen, cuxa participación require inscrición previa a través do web municipal www.coruna.gal/emprego. Na mañá do sábado 16, as xornadas pecharanse coa proposta As conexións que nos impulsan, que se celebrará de 10.00 a 14.30 horas, e na que tamén é imprescindible formalizar a inscrición, que tamén se pode realizar na páxina web municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión