Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2018

Programa Formativo en Consumo para adultos

A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras organiza anualmente un Programa de Formación en Consumo dirixido á poboación adulta.

De forma continua, na OMIC desénvolvense actividades formativas con diferentes temas de actualidad que pretenden achegar ás persoas consumidoras cales son os seus dereitos e como defenderse.

Os diferentes obradoiros e charlas teñen unha duración aproximada de 90 minutos e impártense nas instalacións da OMIC. Están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, en grupos mínimos de 15 asistentes.

Todas as actividades para adultos son gratuitas e poden e poden inscribirse a través da páxina www.coruna.gal/omic

As vindeiras charlas e obradoiros son:

  • Venres 28 de Setembro: "O Bono Social Eléctrico".
  • Xoves 4 de Outubro: "Comprender a factura da luz".
  • Xoves 29 de Novembro: "Compras Seguras en Internet".
  • Venres 14 de Decembro: "Consumo ecolóxico no Nadal".

Horario: 11:30 a 13:00 horas

Lugar: Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras

            Rúa Costa da Palloza, 8

            15006 A Coruña

            A Coruña

Para máis información ou solucionar calquera dúbida pódese chamar ó 981.189.820 ou escribir un correo electrónico a omic@coruna.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión