Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa Inicia

Obxecto:

  • Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado de centros de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da cidade da Coruña
  • Fomento e difusión da cultura emprendedora nos centros de FP e de Ensinanzas Especiais

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos últimos cursos de ciclos superiores de FP e Ensinanzas Especiais

Organiza:

Área de Emprego e Empresa

Programa de difusión do espírito emprendedor para a elaboración de plans de empresas coa utilización dun software de simulación empresarial.

Programa de difusión do espírito emprendedor para a elaboración de plans de empresas coa utilización dun software de simulación empresarial.

Programa de difusión e ensino do espírito empresarial ao alumnado dos últimos cursos de ciclos superiores de FP e Ensinos Especiais con apoio e asistencia ao profesorado de Empresa e Iniciativa Emprendedora. O alumnado utiliza un software de simulación empresarial para a elaboración de plans de empresa que se presentan nunha Feira de Ideas Empresariais onde se premiarán as mellores iniciativas emprendedoras a través dos Premios Formación para Emprender.

Contidos do programa:

Formación teórica e práctica mediante titorías personalizadas, apoiada no persoal de plan de empresa e un simulador económico-financeiro para a elaboración de proxectos empresariais.

A formación complétase con nocións básicas en presentación pública de proxectos e a utilización de páxinas web para a súa difusión.

Modo de inscrición:

A ficha de inscrición de centros para participar no programa está dispoñible na web educativa municipal.

Para máis información:

contacta co noso servizo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión