Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións do Programa de Axudas a Persoas Traballadoras Autónomas pola Contratación Indefinida de Persoas Asalariadas

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais.

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade, e pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade. Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde e 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/01/2019 ata o 25/03/2019

Xa rematou

Remuneración / Custo:

Pola primeira persoa traballadora indefinida: entre 3.000 e 11.250 euros

Pola segunda e terceira persoa traballadora indefinida: entre 5.000 e 15.750 euros

Prazo de presentación de solicitudes:

- Polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 25 de xaneiro de 2019: ata o 25 de marzo de 2019

- Polas contratacións realizadas entre o 26 de xaneiro e o 30 de setembro de 2019: ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. En todo caso o prazo finalizará o 30 de setembro de 2019, aínda que non transcorrese o prazo antes indicado.

- Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/publicados/2019/20190125/AnuncioG0424-271218-0002_gl.pdf

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión