Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Área de Emprego e Empresa

Lista Axudas e subvencións vixentes

  • Axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas

    Cando:

    Dende o 29/01/2018 ata o 01/08/2018

    RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva. O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos do programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías: a) Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións de Industria 4.0. Neste servizo analizarase a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para que se orienten cara a unha Industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial, a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que lle permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un itinerario de implantación tecnolóxico. b) Servizo de seguimento na posta en marcha de solucións de Industria 4.0. Trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións Industria 4.0 que considera de maior relevancia a empresa procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados. c) Servizo de xeración de modelos e simulación industrial. Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre eles. Desta maneira, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema para resolver para o cal se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Os prazos para a presentación de solicitudes serán os seguintes: - Convocatoria 2018.1: 30.01.2018 - 01.03.2018 - Convocatoria 2018.2: 05.03.2018 - 19.04.2018 - Convocatoria 2018.3: 23.04.2018 - 7.06.2018 - Convocatoria 2018.4: 11.06.2018 - 31.07.2018

  • Subvencións para o fomento do emprendemento feminino en Galicia. Programa Emega. Ano 2018

    Cando:

    Dende o 05/07/2018 ata o 06/08/2018

    Inscricións:

    Dende o 05/07/2018 ata o 06/08/2018

    Secretaría Xeral de Igualdade. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas. Xunta de Galicia. RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria no ano 2018.

  • Axudas para o fomento e consolidación do emprego para as pequenas empresas de nova creación e de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica

    Cando:

    Dende o 29/01/2018 ata o 30/09/2018

    Inscricións:

    Dende o 27/01/2018 ata o 30/09/2018

    Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia. ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e procédese á súa convocatoria para o ano 2018.

  • Axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo

    Cando:

    Dende o 29/01/2018 ata o 30/09/2018

    Inscricións:

    Dende o 27/01/2018 ata o 30/09/2018

    Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia. ORDE do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo e procédese á súa convocatoria para o ano 2018. Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020. Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

  • Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social

    Cando:

    Dende o 29/01/2018 ata o 01/10/2018

    Inscricións:

    Dende o 26/01/2018 ata o 01/10/2018

    Consellería de economía, emprego e industria. Xunta de Galicia. ORDE de 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROL-Economía Social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo, e convócanse para o ano 2018.

  • Subvencións para o apoio ao emprendimiento feminino. Programa Emega. Ano 2017

    Cando:

    Dende o 05/08/2017

    Inscricións:

    Dende o 05/08/2017 ata o 05/09/2017

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTICIA Subvencións para o apoio ao emprendemento feminino. Programa Emega. Ano 2017 Resolución de 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria no ano 2017.

  • Convocatoria de subvencións para proxectos de expansión comercial

    Cando:

    Dende o 12/08/2017

    Inscricións:

    Dende o 12/08/2017 ata o 11/09/2017

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA Orde do 1 de agosto do 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e procédese á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A).

Webs de interese para emprendemento

ELABORACIÓN PLAN DE EMPRESA

Modelos para Plan de negocio:

- Guión plan de empresa :+ info

- Plan de empresa detallado: +info

Simuladores do Plan Económico Financeiro

Simulador: +info

FORMAS XURÍDICAS

Tipos

http://www.igape.es/es/crear-una-empresa/crear-una-empresa/tramites/item/460-fichas-informativas-formas-xuridicas-e-tramites-de-constitucion

Trámites

http://www.igape.es/es/crear-unha-empresa/crear-unha-empresa/tramites/fichas-informativas/item/834-tramites-de-constitucion-e-posta-en-marcha

PUNTOS PAE

http://www.igape.es/es/crear-unha-empresa/crear-unha-empresa/tramites/punto-de-aseoramento-e-inicio-de-tramitacion-pait

COOPERATIVAS

http://espazo.coop/

SOCIEDADES LABORAIS

http://www.aesgal.org/

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Liñas ICO

http://www.ico.es/web/ico/empresas-y-emprendedores

Liñas Financiamento IGAPE

http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/axudas/0/IGAP

Empresa Nacional de Innovación - ENISA

http://www.enisa.es/es/financiacion/info/lineas-enisa/jovenes-emprendedores

http://www.enisa.es/es/financiacion/info/lineas-enisa/emprendedores

Preguntas frecuentes sobre préstamos de ENISA

http://www.enisa.es/documentos_web/documentos/160122 FAQs ENISA.pdf

Axudas Promoción emprego autónomo:

http://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TR&codProc=341D&procedemento=TR341D

Capitalización do desemprego  

http://www.sepe.es/contenidos/autonomos/prestaciones_ayudas/capitaliza_tu_prestacion.html

ESTATÍSTICAS

http://www.ine.es/

http://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl

OUTROS

Patentes e marcas

http://www.oepm.es

Prevención de riscos laborais e obrigas 

 http://www.empleo.gob.es/es/guia/texto/guia_10/contenidos/guia_10_22_1.htm

LOPD

https://www.agpd.es

Factura electrónica

http://www.facturae.gob.es

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?