Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Emprego

Mercado Obelisco

PROGRAMA SEMENTE

Obxecto - finalidade:

Promover a adquisición de competencias emprendedoras a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar de fabricación de produtos, que posteriormente venderán nun mercado. Para iso, o programa reproduce situacións reais no proceso de constitución dunha empresa e as actividades posteriores desta.

Dirixido a:

Alumnado de Educación Primaria e Especial de centros educativos do municipio

Contidos:

Programa educativo de difusión da cultura emprendedora no que o alumnado de Educación Primaria e Educación Especial crea a súa propia empresa baixo a fórmula de cooperativa (cooperativa escolar).

Os contidos que se traballan co alumnado na aula son os seguintes:

  • Nace unha empresa. O alumnado xera unha idea de negocio baixo a forma xurídica dunha cooperativa. Elixen os seus e as súas representantes.

  • Estamos lanzados. Nesta unidade trabállase en todo o relacionado coa imaxe corporativa da empresa e á súa vez deséñase unha campaña publicitaria e lévanse a cabo as funcións propias dun gabinete de comunicación.

  • Esta empresa vale moito. O alumnado coñece os contidos relacionados coa contabilidade da empresa.

  • Coa cabeza e as mans. Trabállase diferentes técnicas de fabricación, así como os pasos ata obter os artigos. Proporciónanse diferentes métodos de fabricación para que, a partir deles, o alumnado elabore produtos que máis tarde terá que vender.

  • A venda e os resultados. Nesta unidade didáctica, desenvólvense os contidos relacionados coa venda dos produtos, desde a decoración do punto de venda ata o trato coa clientela.

Durante o desenvolvemento do programa as cooperativas creadas polo alumnado solicitan o permiso de venda dos seus produtos que será entregado por autoridades municipais. O acto final do programa é a realización do mercado "Unha empresa na miña escola" no Cantón Grande-Obelisco.

Feira Inicia no Fórum Metropolitano 2016-2017

PROGRAMA INICIA

Obxecto - finalidade:

  • Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado
  • Fomento e difusión da cultura emprendedora

Dirixido

Alumnado dos últimos cursos de ciclos de FP e ensinanzas especiais

Contidos

  • Formación e titorías

Elaboración do plan de empresa na aula utilizando documentación de apoio e cun simulador empresarial:

Sesión 1: Plan de negocio. Revisión de conceptos do plan de empresa.

Sesión 2: Plan económico-financeiro. Explicación do simulador empresarial.

Sesión 3: Presentación pública na aula dos plans de empresa elaborados.

  • Feira de Ideas Empresariais

Un Comité de Valoración composto por persoas do Concello da Coruña e do IGAPE seleccionan, entre os proxectos presentados, os mellores. As persoas seleccionadas terán expostos os seus proxectos nunha feira na que poderán expoñelos ás persoas visitantes.

  • Premios Formación para emprender

O Comité de Valoración elixe os tres mellores proxectos da feira e, na cerimonia de clausura do programa, entréganselles os premios ás persoas integrantes dos proxectos e aos seus centros educativos.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?