Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Área de Emprego e Empresa

Ademais dunha formación xeral que cualificamos de de interese para empresas e persoas emprendedoras en ámbitos de Económica Social, novas tecnoloxías, comercio exterior... en función da demanda e necesidades, este Servizo dispón do ITINERARIO FORMATIVO DE EMPRENDEMENTO dirixido a persoas emprendedoras coa necesidade e inquietude de levar a cabo un proxecto empresarial xa definido como idea pero non desenvolvido e/ou a aquelas que, tendo a súa empresa xa constituída, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia.

Caracteristicas básicas dos talleres que conforman o itinerario:

  • Son de curta duración entre 4 e 20 horas como máximo

  • Son impartidos por docentes especialistas en cada materia

  • Neles desenvólvense e introdúcese o emprendedor en todos os temas de interese básicos para desenvolvemento do seu plan de negocio

  • Este itinerario en función da demanda repítese cunha frecuencia trimestral ou cuadrimestral

  • A inscrición materialízase a través do Servizo de Promoción Económica do Concello da Coruña

A continuación relaciónanse os cursos básicos que forman parte dun itinerario formativo completo así como a listaxe de cursos vixentes:

Plan de empresa

Facilitaralles ás persoas emprendedoras as técnicas para plasmar a súa idea en forma de proxecto empresarial co obxectivo de que transmitan tanto os coñecementos sobre o seu negocio como facer un estudo da solidez e rendibilidade empresarial deste a través do plan de negocio.

Como elaborar un estudo de mercado

Proporcionar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para desenvolver estudos de mercado aplicados e eficaces, empregando ferramentas actuais.

Taller de financiamento

Facilitaralles ás persoas emprendedoras as fórmulas existentes no mercado para financiar o seu proxecto da forma máis rendible (entidades financeiras, subvencións, convenios, business angels...), así como os procedementos que regulan a súa solicitude.

Taller de fiscalidade

Facilitaralle ao emprendedor/a información sobre as diversas formas de fiscalidade actual (Imposto da Renda das Persoas Físicas, Imposto de Sociedades, Imposto sobre o Valor Engadido...). Vantaxes e inconvenientes.

Taller de márketing e técnicas de venda

Facilitaralle á persoa emprendedora a formación necesaria sobre coñecementos de márketing, merchandaising, comercio online e todas as ferramentas necesarias para a venda e postvenda dos seus produtos.

Taller de como vender o meu proxecto

Formarase o alumnado en habilidades comunicativas, de oratoria, etc. serán preparados para a presentación dos seus proxectos empresariais.

Taller de recursos escénicos e audivisuais para a presentación de proxectos

Proporciónaselles ás persoas participantes a experimentación e práctica de recursos procedentes das artes escénicas e o sector audiovisual co obxecto de preparar unha presentación creativa da súa empresa e/ou idea empresarial.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?