Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

A túa cidade en cifras

  • Inicio
  • Información urbanística

Información urbanística

Información urbanística

O Plan Xeral de Ordenación Urbana, tamén chamado PXOU (ou PXOM), é un instrumento básico de ordenación xeral e integral do territorio dun municipio, a través do cal se clasifica o solo, determínase o réxime aplicable a cada clase de solo, e defínense os elementos fundamentais do sistema de equipamentos do municipio en cuestión.

Constitúe a peza esencial do ordenamento urbanístico dun concello. Respectando as directrices e especificacións dos instrumentos de ordenación territorial da lexislación competencial superior, ordena todo o territorio do seu ámbito e regula o uso do solo municipal, que poderá ser:

  • Solo urbano: nese caso a súa regulación estará moi detallada (se é residencial, industrial, equipamentos públicos etc.), indicando que se poden edificar, a forma concreta de facelo, que actividades se poden desempeñar, normativa de aplicación, réxime de licenzas etc.
  • Solo urbanizable: é o solo municipal que forma parte do seu futuro desenvolvemento. Debe fixar o sistema a través do cal se vai urbanizar a zona (compensación, cooperación etc.). Segundo o desenvolvemento deste solo e o destino do seu uso, o concello poderá xestionar equipamentos públicos, aproveitamento urbanístico por cesión (en solo ou en especie), licenzas... É unha parte fundamental do plan.
  • Solo non urbanizable: trátase en realidade dunha regulación "de preservación" xa que en moitos casos trátase de zonas naturais de especial protección.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da nosa cidade aprobouse defintivamente no ano 2013. Tamén existe un visor de mapas do planeamento de desenvolvemento do propio PXOM que pode achegar unha visión interesantae.

É importante tamén a información relativa aos parques empresariais da comarca, así como a información básica dos parques empresariais con superficie dispoñible para solo industrial pertencentes á área de influencia da Coruña.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?