Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

A túa cidade en cifras

Mapas

compás

O Concello dispón duns visores de mapas.

Os distintos visores do Concello da Coruña permiten obter servizos de visualización, consulta e análise de información xeográfica para particulares e profesionais do sector, publicando cartografía relacionada con diversos temas.

Os dous sistemas máis habituais son:

Sistema de Información Xeográfico (SIG)

Son o resultado da aplicación das chamadas Tecnoloxías da Información (TI) á xestión da Información Xeográfica (IG).

O termo Sistema de Información Xeográfica (SIG) ten tres acepcións:

  • o SIG como disciplina
  • o SIG como proxecto: cada unha das realizacións prácticas e implementacións existentes. Esta é a súa acepción principal, como información xeorreferenciada, sobre a que se pode dicir que é un «Conxunto integrado de medios e métodos informáticos capaz de recoller, verificar, almacenar, xestionar, actualizar, manipular, recuperar, transformar, analizar, mostrar e transferir datos espacialmente referidos á Terra»
  • o SIG como software, é dicir os programas e aplicacións dun proxecto SIG.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ten accesible na súa páxina web a consulta do seu XeoPortal que utiliza este sistema e ofrece unha información interesante.

Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE)

IDE.CORUÑA é o acrónimo de "Infraestrutura de Datos Espaciais" do Concello da Coruña, así denominado o conxunto de tecnoloxías, políticas, estándares, recursos humanos e actividades relacionadas necesarias para adquirir, procesar, distribuír, utilizar, manter e preservar datos espaciais.

É dicir, unha IDE é un sistema informático integrado por un conxunto de recursos (catálogos, servidores, programas, datos, aplicacións, páxinas web...) con que se xestiona información xeográfica (mapas, ortofotos, imaxes de satélite, topónimos...) dispoñibles en internet, que cumpren unha serie de condicións de interoperabilidade (normas, especificacións, protocolos, interfaces...) que permiten que as persoas usuarias poidan descubrir os datos, utilizalos e combinalos segundo as súas necesidades mediante un simple navegador.

No Portal IDE municipal pódense visualizar distintos recursos como mapas, visores e aplicacións de mapas. A través do catálogo pódense atopar conxuntos de datos producidos polo Concello da Coruña, coñecer as súas características (metadatos) ou descargar ou previsualizar determinados ou previsualizar determinados conxuntos de datos (ortofotos, cartografía,...).

Máis especificamente, podes consultar tamén o Catálogo de Datos da Infraestrutura de Datos Espaciais da Coruña

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?