Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ana Sanromán López

Directora Xeral de Economía do Concello de Zaragoza.

Ana Sanromán López é licenciada en Dereito pola Universidade de Zaragoza.

Entre 1989 e 1999 foi concelleira do Concello de Zaragoza por Esquerda Unida, desenvolvendo a súa principal actividade como portavoz do seu grupo na comisión de Economía e Facenda. Durante os anos 1989 e 1990 tamén foi presidenta da Junta Municipal de Las Fuentes. Actualmente, é membro da presidencia de EU-Aragón e responsable de Economía.

É funcionaria de carreira do Ayuntamiento de Zaragoza, onde ingresou por oposición en 2001. Durante dez anos desempeñou o seu traballo no Servizo de Recadación da Axencia Municipal Tributaria, e nos últimos cinco anos, ata 2015, foi a responsable da xestión do Plan Integral do Centro histórico (PICH). En xullo de 2015 foi nomeada como Directora Xeral de Economía, dependente da Área de Economía e Cultura do Concello de Zaragoza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión