Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

    O futuro das cidades

    As cidades nas que vivimos xa non caben nos límites dun termo municipal. É común que traballemos nun concello, residamos noutro distinto e utilicemos equipamentos radicados nun terceiro. Non é o futuro, é o noso presente.

    Por iso é necesario transcender os marcos institucionais que temos para lles poder ofrecer aos nosos veciños e veciñas instrumentos útiles para prestar con eficacia os servizos públicos e resolver as necesidades básicas: aquelas que teñen que ver coa mobilidade metropolitana, co ciclo da auga, coa promoción económica, coa creación de emprego, coa xestión integral dos residuos ou coa planificación coherente do territorio, entre outras.

    As áreas urbanas son hoxe o principal motor socioeconómico dos territorios nos que se insiren. Esta circunstancia é máis que evidente no noso país. Nas áreas de arredor da Coruña e de Vigo reside aproximadamente un terzo da poboación de Galicia e prodúcese unha parte moi significativa do noso PIB. A realidade urbana do século XXI non pode ser administrada por instrumentos deseñados para o século XIX. Precisamos pensar o noso país a través de institucións flexibles e adaptadas á existencia de realidades plurais, pero interconectadas, que vertebren o territorio urbano e que o conecten coas súas contornas inmediatas, de maneira que se faciliten as sinerxias, os escenarios de cooperación e os fluxos económicos e das persoas.

    Na construción das áreas metropolitanas todos somos necesarios, sen ningún tipo de exclusión. O deseño e a posta en marcha das institucións que deben rexer as nosas cidades non poden converterse nun campo de batalla partidario.

    É demasiado o que nos xogamos. Xogámonos estar á altura dos desafíos contemporáneos, poder ofrecer solucións aos problemas demográficos, económicos e de dereitos aos que nos enfrontamos. Isto só o lograremos se as cidades contan con instrumentos que nos permitan actuar con autonomía, como protagonistas dos procesos políticos e económicos que deben servir para que o noso país non volva perder unha vez máis o tren do futuro, empregando toda a potencialidade que as áreas urbanas de Vigo e da Coruña posúen para servir de motor solidario de Galicia, traballando en rede co resto do tecido urbano, tanto do eixo atlántico como do interior.

    Non é o momento de buscar protagonismos nin de xerar rivalidades de curto alcance. As persoas que estamos á fronte hoxe das institucións locais e autonómicas pasaremos. Que deixemos atrás de nós as sementes para o futuro do noso país depende única e exclusivamente de que traballemos xuntos polo ben común.

    (Xulio Ferreiro , 21 de decembro de 2016)

    • Concello da Coruña
    • Logotipo do Concello de Abegondo
    • Logotipo do Concello da Coruña
    • Logotipo do Concello de Arteixo
    • Logotipo do Concello de Bergondo
    • Logotipo do Concello de Betanzos
    • Logotipo do Concello de Cambre
    • Logotipo do Concello de Carral
    • Logotipo do Concello de Culleredo
    • Logotipo do Concello de Oleiros
    • Logotipo do Concello de Sada
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?