Concello da Coruña

Concello da Coruña

Imposto sobre construcións, instalacións e obras

Este imposto grava a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable ou, se é o caso, a obtención da correspondente licenza de obras.

Feito impoñible:

Constitúe o feito impoñible deste imposto a realización das seguintes obras:

- Obras de nova planta ou de demolición

- Obras no exterior ou interior de edificios

- Aliñacións e rasantes

- Fontanería e rede de sumidoiros

- En xeral, calquera obra que requira presentación de comunicación previa, declaración responsable ou licenza urbanística

Obrigado tributario:

Son obrigados tributarios deste imposto as persoas físicas ou xurídicas que sexan donos da obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice esta. No caso de que a obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de substitutos del quen presente unha comunicación previa ou responsable ou, se é o caso, soliciten as correspondentes licenzas.

Tarifas do imposto:

A cota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame. A base impoñible está constituída polo custo real e efectivo da obra, e enténdese por este o custo de execución material. O tipo de gravame será o 4%.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión