Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Facenda

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Solicitude de beneficios fiscais

En que consiste?:

Procedemento de concesión, logo do previo cumprimento dos requisitos esixidos, de beneficios fiscais no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. Os beneficios fiscais clasifícanse en exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obriga tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto para aplicar sobre a cota íntegra).

EXENCIÓNS:

  • Vehículos conducidos por persoas con discapacidade (art. 93.1 e Texto Ref. Lei HHLL)
  • Vehículos destinados ao transporte de discapacitados (art. 93.1 e Texto Ref. Lei HHLL).
  • Tractores, remolques e semirremolques provistos da Cartilla de Inspección Agrícola (art. 93.1 g Texto Ref. Lei HHLL).

BONIFICACIÓNS:

  • Bonificación do 100% para vehículos históricos ou aqueles que, o 31/12/2015, teñan unha antigüidade mínima de 25 anos (art. 5.1 OF nº 52).
  • Bonificación do 75% durante 6 anos naturais desde a súa primeira matriculación para vehículos híbridos (art. 5.2. A OF nº 52).
  • Bonificación do 75% con carácter indefinido para vehículos de motor eléctrico e/ou emisións nulas (art. 5.2.B OF nº 52).
  • Bonificación do 75% para vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno e GLP ou mixtos GLP-gasolina en motores de ciclo OTTO (art. 5.2.C OF nº 52).

A quen vai dirixido?:

Os suxeitos pasivos do imposto, é dicir, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a cuxo nome conste o vehículo no permiso de circulación.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

A solicitude pode realizarse ao longo do exercicio, con todo, e de acordo co establecido no art. 19.2 da Ordenanza xeral de xestión a aplicación dos beneficios fiscais en tributos locais requirirá a petición escrita da parte interesada e producirán efectos, ao tratarse dun tributo de devindicación periódica, desde a devindicación inmediata seguinte a ela, sempre que no devandito momento se reúnan os requisitos esixidos para o seu goce. Excepcionalmente, no caso das bonificacións, se se desexa que produzan efectos no mesmo período impositivo en que se produce a matriculación, a solicitude deberá presentarse no prazo dun mes desde esta. Unha vez concedida, a exención ou bonificación, non é necesario renovala a menos que variase a situación da persoa interesada ou ben as condicións do vehículo.

Presencial

Que se necesita?:

Documentación para presentar nas exencións:

  • Vehículos conducidos por persoas con discapacidade (art. 93.1 e Texto Ref. Lei HHLL):
    • Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.
    • Certificado oficial acreditativo do grao e clase de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia, ou o organismo competente da comunidade autónoma en cada caso.
  • Vehículos destinados ao transporte de persoas discapacitadas (art. 93.1 e Texto Ref. Lei HHLL):
    • Declaración de uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.
    • Certificado oficial acreditativo do grao e clase de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia, ou o organismo competente da comunidade autónoma en cada caso.
  • Tractores, remolques e semirremolques provistos da Cartilla de Inspección Agrícola (art. 93.1 g Texto Ref. Lei HHLL):
    • Fotocopia da Tarxeta de características técnicas do vehículo.

    • Fotocopia da Cartilla de Inspección Agrícola

Documentación para presentar nas bonificacións:

  • Bonificación do 100% para vehículos históricos ou aqueles que, a 31/12/2015, teñan unha antigüidade mínima de 25 anos (art. 5.1 OF nº 52):
    • Fotocopia da ficha técnica do vehículo
  • Bonificación do 75% durante 6 anos naturais desde a súa primeira matriculación para vehículos híbridos (art. 5.2. A OF nº 52):
    • Fotocopia da ficha técnica do vehículo
  • Bonificación do 75% con carácter indefinido para vehículos de motor eléctrico e/ou emisións nulas (art. 5.2.B OF nº 52):
    • Fotocopia da ficha técnica do vehículo
  • Bonificación do 75% para vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno e GLP ou mixtos GLP-gasolina en motores de ciclo OTTO (art. 5.2.C OF nº 52):
    • Fotocopia da ficha técnica do vehículo

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña.
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña.
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña.
    • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa, 21-22. C.P. 15001 A Coruña.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en cada unha das modalidades de exención ou bonificación.

Como se fai?:

A través da Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Máis información:

O prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, a administración municipal advertiralle que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.

- Contra a resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:

Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?