Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xaneiro de 2016

O Concello pon en marcha o Plan de Pago Personalizado de tributos locais, "que permitirá que a cidadanía adapte o ritmo das súas achegas á súa dispoñibilidade económica"

A concelleira de Facenda destacou que este exercicio os e ás veciñas poderán realizar o ingreso do IBI de xeito fraccionado en dous ou seis cotas, mentres que o Goberno local impulsa "unha nova ferramenta informática que permitirá ampliar a máis tributos as facilidades de pago"

A concelleira de Facenda e Administración, Eugenia Vieito, presentou na mañá deste xoves o Plan de Pago Personalizado dos tributos locais, que, como salientou, supón a posibilidade de realizar o pagamento fraccionado dos impostos en ata seis prazos, a  través da domiciliación bancaria, cunha bonificación do 3%, tal e como se establece na ordenanza xeral de recadación que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro. Tal e como subliñou a responsable municipal, isto permitirá “facilitar o pagamento de tributos aos e ás contribuíntes, que poderán axustar o ritmo dos pagos ás súas dispoñibilidades económicas, e especialmente a familias e persoas que teñan dificultades económicas a facer os seus pagamentos tributarios”, e, ao mesmo tempo, fará periódicos os ingresos do Concello, o que evitará, sinalou, “certas situacións de tensións de tesourería e falta de liquidez”.  

Tal e como expuxo Vieito, neste exercicio 2016 poderase pagar xa de xeito fraccionado o Imposto de Bens Inmobles (IBI), a través de domiciliación bancaria en dous ou seis prazos. A partir do 2017, unha vez que a nova ferramenta informática necesaria estea xa totalmente implantada, esta posibilidade de fraccionamento ampliarase a outros tributos –os que teñen  vencemento periódico, como son o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), taxa de lixo, e vados–  e incluirá a opción de pagamento en dous, tres, catro, cinco ou seis prazos. A bonificación do 3% estenderase ao IBI e o IVTM, “que son os principais tributos e os que supoñen maior carga tributaria”. O prazo de solicitude para acollerse a esta modalidade de Plan de Pago Personalizado este ano está aberto desde o pasado día 1 de xaneiro e ata o 1 de febreiro e, como indicou a concelleira de Facenda, permitirá escoller entre pagar en dous ou seis prazos. As solicitudes presentaranse en todos os rexistros municipais, en Correos ou outros rexistros doutras administracións e o formulario tamén estará dispoñible para descarga na web do Concello (www.coruna.es) e se poderá enviar á dirección planpagopersonalizado@coruna.es, a través da que se recollerán as solicitudes para iniciar a tramitación, ou tamén a través da sede electrónica para aquelas persoas que teñan sinatura electrónica.

“Desde o Concello, queremos animar a todas as coruñesas e os coruñeses para que utilicen esta nova uso de esta nova modalidade de pago que vai facilitar o pagamento das súas débedas tributarias”, destacou Vieito, para apuntar que as datas de cargo para a opción de fraccionamento en dúas cotas serán o 1 marzo e  o 1 de outubro, en en canto á opción en seis cotas, o 1 de  marzo, 2 de maio, 1 de xullo, 1 de agosto, 1 de setembro e o 1 de outubro.

A responsable municipal de Facenda sinalou tamén que aqueles e aquelas contribuíntes que con anterioridade se tiveran adherido ao sistema de Pago con Vencemento Especial do IBI, pasarán a integrarse no Plan de Pago Personalizado de forma automática, na modalidade de fraccionamento en dúas cotas, sen necesidade de realizar unha nova solicitude, e tamén poderán demandar o pagamento en seis prazos.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión