Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Facenda

Taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos. Solicitude de beneficios fiscais

En que consiste?:

Procedemento de concesión, logo do previo cumprimento dos requisitos esixidos, de beneficios fiscais na taxa de lixo. Os beneficios fiscais clasifícanse en exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obriga tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto para aplicar sobre a cota íntegra).

EXENCIÓNS:

  • As persoas beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e as acollidas a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado (art. 4 of núm. 6).

BONIFICACIÓNS:

  • Bonificación do 75% na tarifa de vivendas para suxeitos pasivos que acrediten que os ingresos familiares obtidos por calquera concepto non pasan do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). (art. 4 OF núm. 6).

A quen vai dirixido?:

As persoas contribuíntes que cumpran os seguintes requisitos:

- Estar empadroada na vivenda para a que se solicita o beneficio.

- Que sexa a titular do contrato de subministración con EMALCSA.

Prazo de presentación:

A solicitude pódese realizar ao longo do exercicio, non obstante, e de acordo co establecido no art. 19.2 da Ordenanza xeral de xestión a aplicación dos beneficios fiscais en tributos locais requirirá a petición escrita da parte interesada e producirán efectos, ao tratarse dun tributo de devindicación periódica, desde a devindicación inmediata seguinte a ela, sempre que no devandito momento se reúnan os requisitos esixidos para o seu goce.

Presencial

Que se necesita?:

Documentación que hai que achegar nas exencións:

  • As persoas beneficiarias da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e as acollidas a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado (art. 4 OF núm. 6):
    • Certificación de estar incluído no programa social
    • Factura que acredite a titularidade do contrato de subministración de auga con EMALCSA

Documentación que hai que achegar nas bonificacións:

  • Bonificación do 75% na tarifa de vivendas para suxeitos pasivos que acrediten que os ingresos familiares obtidos por calquera concepto non pasan o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). (art. 4 OF núm. 6):
    • Certificado da pensión ou pensións que percibe a unidade familiar
    • Certificado da oficina de emprego (INEM), se figura no paro
    • Copia da declaración do IRPF ou certificado negativo de Facenda da Unidade Familiar
    • Copia do recibo de EMALCSA

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña
    • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa, 21-22. C.P. 15001 A Coruña
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en cada unha das modalidades de exención ou bonificación.

Como se fai?:

A través da Sede electrónica

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Máis información:

O prazo máximo en que se debe notificar a resolución será de 6 meses que se contarán desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, a administración municipal advertiraa de que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.

- Contra a Resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:

Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da lei 58/2003).

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?