Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concedéronme a licenza de vao. Teño que solicitar a alta na taxa por entrada de vehículos?

Si, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte a que lle sexa notificada a resolución da licenza, mediante o impreso de declaración de alta ou a través da sede electrónica.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica, sempre que se configurase este procedemento na plataforma: a) As persoas xurídicas. b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.). c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís. d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión