Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2016

O Concello pecha o mes de xaneiro cun Período Medio de Pago a Provedores de 24,64 días, “co que reduce nun 41% o tempo de abono, que volve situarse dentro dos prazos legais”

“Os datos deste inicio de ano son unha proba de que este Goberno sabe xestionar”, sinalou a concelleira de Facenda, que destacou que o volume de pagos acadados multiplicou por cinco os realizados en xaneiro de 2015

 O Concello da Coruña pechou o mes de xaneiro cun Período Medio de Pago a Provedores (PMP) consolidado de 24,64 días, unha cifra que a concelleira de Facenda e Administración, Eugenia Vieito, cualificou de “moi boa” e coa que o Goberno local consegue volver a situarse dentro do prazo legal de pago establecido pola lei de estabilidade orzamentaria. Deste modo, o Concello coruñés rebaixou nun 40,8% o período medio de pago a provedores con respecto ao pasado mes de decembro de 2015, cando a ratio se situou en 41,63 (16,99 días máis) e confirma a tendencia descendente que iniciou a partir de novembro. Ademais, o PMP acadado polo Concello en xaneiro deste ano é 7,12 días máis baixo que o que presentaba a administración local en xaneiro do ano pasado (31,76 días).
A titular de Facenda apunta ademais a que o Concello da Coruña logrou este xaneiro “non só aboar en menos tempo, senón pagar a máis provedores”. En concreto, o volume de pagos acadados en xaneiro de 2016 foi de 13.466.203 euros, o que multiplica por cinco os pagos realizados en xaneiro do ano pasado, que ascendían a 2.661.806 euros. “Ao mesmo tempo rebaixouse á metade tanto o importe como o ratio de operacións non pagadas”, destaca Vieito.
“Os datos do mes de xaneiro son unha proba de que este Goberno sabe xestionar, e de que o fai con mellores resultados que o Partido Popular, aínda sen ter maioría absoluta”, observa a concelleira, que recordou, non obstante, que para acadar estas boas cifras foi necesario sacar adiante no Pleno do mes de novembro o modificativo de crédito preciso para facer fronte ás facturas impagadas deixadas polo anterior Goberno. “Liberados con esta operación dunha boa parte da carga que nos deixou o anterior Executivo en forma de facturas impagadas e sen crédito para facerlle fronte, vemos que a realidade é que a nosa xestión é boa”, dixo a concelleira de Facenda.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión