Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2016

O Goberno local fixa en catro meses o prazo de pagamento do IBI de 2016 para permitir unha maior marxe na planificación da achega tributaria ao Concello

A concelleira de Facenda salienta que a medida, que estende o período de pago desde maio ata setembro, tómase “para facilitar a adaptación por parte da cidadanía ao novo Calendario Fiscal, ante o cambio significativo respecto do prazo anterior do principal imposto municipal”

O Goberno local modificará o Calendario Fiscal aprobado para o ano de 2016 no sentido de ampliar a catro meses o prazo para o pagamento do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que comeza o 5 de maio e se estenderá ata o 5 de setembro, para permitir deste xeito que as persoas contribuíntes poidan gozar dunha maior marxe para planificar a súa achega tributaria ao Concello. Tal e como explica a concelleira de Facenda e Administración, Eugenia Vieito, o novo calendario que se implanta este ano fíxase co obxectivo de distribuír a carga tributaria dos e das veciñas ao longo do ano, tal e como veñen recomendando os informes técnicos da Tesourería e a Intervención Municipal, evitando a gran concentración de pagos a afrontar no último trimestre. Non obstante, o Goberno local opta por duplicar o prazo previsto para o pagamento do IBI ao entender que se trata “dun cambio significativo” respecto do período de pago anterior do principal tributo municipal, e considera adecuado establecer para este exercicio 2016 un prazo de pago máis amplo coa finalidade, indica Vieito, “de facilitar a adaptación por parte da cidadanía a este novo calendario”.

A responsable municipal de Facenda lembra tamén que esta nova distribución do Calendario Fiscal veu precedida pola aprobación dunha nova Ordenanza Xeral de Recadación na que se reforzaron amplamente medidas complementarias, “na liña, fundamental para o Goberno municipal, de facilitar en todo o posible a contribución da cidadanía ao pago dos tributos locais, así como un reparto máis xusto dos mesmos”. Neste sentido, fai alusión á ampliación da bonificación do 3% por acollerse ao Plan de Pago Personalizado dos tributos, o incremento das opcións de distribución de prazos dentro dese plan (en dous ou seis prazos), ou a minoración do importe das débedas tributarias que poden ser aprazadas ou fraccionadas sen necesidade de garantías (ata 300 euros). En relación co IBI, a concelleira salienta o incremento dos supostos de bonificación ás familias numerosas, de modo que todas elas pasan a gozar de bonificación do imposto.

O Calendario Fiscal para 2016 recolle os seguintes períodos de pago dos tributos municipais de carácter periódico:

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM): Do 4 de marzo ao 4 de maio

Imposto sobre Bens Inmobles (IBI): Do 5 de maio ao 5 de setembro (o 5 de xullo levarase a cabo o cargo bancario dos recibos domiciliados)

Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), Taxas de Recollida de Lixos e Actividades Comerciais e Industrias, Vados, Cemiterios e Aparatos Distribuidores: Do 15 de setembro ao 5 de decembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión