Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mulleres que transforman realidades

No pasado ano 2017, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, o Concello da Coruña decidíu incluír o 8 de marzo entre os días de festa local, convidando a toda a cidadanía a vivir ese día dende unha dimensión lúdica, pero sen esquecer a súa parte reivindicativa. Esta última ten este ano máis forza que nunca, coa convocatoria de Folga Xeral Feminista lanzada polo movemento feminista: unha folga que demanda melloras no ámbito do traballo asalariado e a redución da fenda salarial; pero que tamén pon o foco na reivindicación colectiva da importancia dos coidados, esenciais para a sostenibilidade da vida.

Dende aí xorde este convite; un programa de actividades transversais que se expanden ao longo de todo o mes de marzo, dende o que recoñecer a importancia das achegas das mulleres á nosa sociedade, visibilizando a relación da muller e do mar. Porque sen o traballo das mulleres, para o mundo.

Visita e conversas con mulleres que transforman realidades na Lonxa da Coruña

Debido á previsión meteorolóxica para os días 14 e 15 de marzo, a actividade "Visita e conversas con mulleres que transforman realidades na Lonxa da Coruña" aprázase para o xoves día 22 de marzo, no mesmo horario. Se estás interesado/a en participar pódeste inscribir chamando ao teléfono 981 184 253 ou enviando un correo a igualdadediversidade@coruna.es.

Documentos relacionados

  • Programa de actividades 8 de marzo (1 MB)
  • Actividades nos centros cívicos municipais (2 MB)
  • Cartel 8 de marzo (2 MB)

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión