Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2018

A Coruña participa mañá no Congreso nunha nova xuntanza da Rede de Cidades Refuxio, de cara a analizar a situación de acollida e os recursos postos en marcha polos concellos nos últimos meses

A concelleira Rocío Fraga manterá esta tarde en Madrid un encontro coa Secretaría de Estado de Migracións co obxectivo de obter un compromiso por parte do goberno central para a restauración dos Fondos de Acollida a municipios para 2019

O Congreso dos Deputados acollerá mañá un novo encontro da Rede de Cidades Refuxio, da que forma parte A Coruña xunto aos municipios de Barcelona, Cádiz, Girona, Granada, Madrid, Palma de Mallorca, San Sebastián, Sant Boi de Llobregat, Terrassa, Valladolid, Valencia, e Zaragoza. O obxectivo do encontro, no que participará a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, será o de poñer en común e analizar a situación de acollida en cada unha das cidades da rede, especialmente en relación ao impacto que tivo a chegada de persoas migrantes e solicitantes de protección internacional nos últimos meses. Tal e como avanza Fraga, a reunión tamén permitirá compartir información sobre as "experiencias de éxito" e os recursos postos en marcha en cada cidade coa finalidade de garantir unha acollida digna. "Aínda que os concellos temos competencias limitadas neste eido e o Estado non achegue as ferramentas e orzamentos que precisamos, estamos a traballar intensamente, desde a proximidade, a fin de ofrecer unha solución para todas aquelas persoas que se ven obrigadas a deixar atrás o seu fogar", sinala a edil.

Neste sentido, apunta que a Rede "esixirá" ao goberno do Estado a recuperación dos Fondos de Acollida e Integración, "un compromiso anunciado pola Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social e que o anterior executivo do PP eliminou no 2012". "Eses fondos, dotados con 67 millóns, permitían financiar as actuacións das comunidades autónomas no fomento de políticas en materia de acollida. A súa recuperación suporía a posta en marcha de políticas especificas de emprego, vivenda, servizos sociais, saúde ou educación para o colectivo", expón Fraga. A concelleira e representantes doutros municipios da rede manterán esta tarde, precisamente, unha xuntanza coa Secretaría de Estado de Migracións e a Subdirección de Inmigración de cara a obter un compromiso por parte do executivo central para a restauración dos Fondos de Acollida a municipios para 2019.

Ao longo desta mañá, a responsable municipal de Igualdade participou tamén nun encontro denominado La Otra Jerusalén, Responsabilidades de las Autoridades locales ante el cumplimiento del Derecho Internacional y los Derechos Humanos, e que se está a desenvolver no marco da celebración do encontro Ciudades de Paz, II Foro Mundial sobre las violencias urbanas y educación para la convivencia y la paz que impulsa o Concello de Madrid.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión