Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de novembro de 2019

A III Copa Ibérica de Rugby Feminino disputarase entre o C.R.A.T. e o Sporting de Lisboa este domingo en Elviña

A alcaldesa, Inés Rey, e o edil de Deportes, Juan Igancio Borrego, presentaron o encontro esta tarde no concello

Esta tarde presentouse no Pazo de María Pita a III Copa Ibérica de Rugby Femenino que se disputará o vindeiro domingo día 10 de novembro ás 12.00 horas no campo universitario de Elviña entre o C.R.A.T. Residencia Rialta, a equipa coruñesa campiona da Liga Iberdrola, e a de Portugal, o Sporting de Lisboa que ademais defende o título obtivo no curso pasado.

Ao acto de presentación asistiron a alcaldesa da cidade, Inés Rey; o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego; o presidente do C.R.A.T., Pedro López-Sors; os directivos do club, Santiago Luaces, Luis Vallines e Jesús Collar; os adestradores, Jos Portos e Rogelio Sabio; a delegada do C.R.A.T., Belén Iglesias; a capitana, Mónica Castelo; e a xogadora Judith Hernández.

O edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, desexoulles moita sorte ás xogadoras da equipa herculina e, pola súa banda, a rexedora Inés Rey valorou o encontro deste domingo como "un éxito máis para a cidade da Coruña na normalización do deporte feminino e máis ainda ao tratarse dun deporte minoritario, como é o Rugby, ao que desde este Concello apoiamos plenamente e lle desexamos que adquira a visibilidade que se merece".

O C.R.A.T., que levará na súa equipación a imaxe de María Pita, ten a oportunidade de sumar o primeiro título da tempada neste encontro ao que os afeccionados poden asistir por un valor testemuñal de 2 euros que se destinarán a asociacións benéficas da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión