Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de decembro de 2015

Día Internacional de Loita contra a SIDA 2015

Con motivo do Día Internacional de Loita contra a SIDA 2015, desde a Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña queremos sumarnos á súa visibilización.

A Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña súmase a acción mundial cara a visibilidade e á chamada a acción conxunta para acabar coa incidencia do VIH-SIDA.

O VIH, obviamente, ten que ser tratado desde o punto de vista sanitario e, que mellor xeito de facelo que apostanto por unha sanidade pública e universal cara a que, ademáis se invista todo o necesario para investigación.

Ademais o VIH sempre tivo unha forte carga de incidencia social, xa que se usou desde o sistema para criminalizar as prácticas sexuais diversas, cando o que realmente se precisa é unha boa educación afectivo-sexual que nos permita, ás persoas, prácticar e desfrutar da nosa sexualidade dun xeito libre e sano, sen riscos.

A loita contra o VIH e o estigma que acompaña foi durante moito tempo encabezada polo movemento LGTBQI, a quen queremos recoñecer o esforzo e os logros acadados durante estes anos.

A día de hoxe, os datos, nos levan a facer unha reflexión que é a necesidade de asumir como sociedade en xeral a loita contra a SIDA na súa vertente sanitaria e social, asumir a declaración de París pola que no horizonte 2020 logremos na cidade que o 90% das persoas portadoras de VIH teñan coñecemento delo e que non 2030 o VIH pódase considerar erradicado.

Para acadar isto temos que facilitar o acceso ás probas e colaborar en dar valor a esta necesidade.

Contamos na cidade con entidades que levan moito tempo facendo este traballo, como son CASCO, AGASEX ou o colectivo MOUCHO, e queremos reseñalo. Ademais tamén agradecer a todas as persoas que fora de entidades e colectivos fan desta loita a súa e aquelas que sofreron o estigma e a enfermidade e aos seus círculos sociais e familiares.

 Pola nosa parte estamos apostando por mellorar as competencias de futuras/os profesionais do ámbito da integración social, por medio da realización dun Obradoiro sobre VIH e a construción do estigma e a discriminación asociada, dende un enfoque de dereitos, reflexionando xunt@s dunha forma crítica sobre a imaxe que todavía existe na nosa sociedade sobre as persoas que viven co VIH. Os materiais empregados nos obradoiros que se levaron a cabo este novembro no Centro Tomás Barros e no Ánxel Casal serán compartidos e difundidos para o seu uso no resto de centros educativos da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión