Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de febreiro de 2017

O Concello condena o asasinato machista perpetrado en Redondela

A Corporación Local está chamada a celebrar mañá mércores, ás 12.00 horas, un minuto de silencio diante do Pazo de María Pita como mostra de repulsa ante o crime

O Goberno local quere amosar a súa máis enérxica condena ante o asasinato machista perpetrado onte na localidade pontevedresa de Redondela, así como traslada as súas condolencias a familiares e amizades da vítima. Do mesmo xeito, en cumprimento do protocolo aprobado por unanimidade dos grupos municipais no Pleno en setembro de 2015, convoca á Corporación Municipal e aos e ás traballadoras a concentrarse mañá mércores, 22 de febreiro, ás 12.00 horas, ás portas do Pazo de María Pita ou do centro de traballo municipal correspondente para gardar un minuto de silencio.

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, incide na necesaria consideración das violencias machistas como un asunto de Estado. "No que levamos de 2017 xa foron asasinadas 12 mulleres, dúas delas en Galicia. Isto é feminicidio", sinala a edil. "É fundamental que as administracións con competencias na materia se comprometan, dunha vez por todas, coa sensibilización e prevención das violencias machistas, así como na atención e protección das mulleres", afirma.

A responsable municipal convida á cidadanía a participar no minuto de silencio convocado polo Concello, así como na concentración que terá lugar mañá ás 20.00 horas no Obelisco, e que, neste caso caso, está organizada polos movementos feministas locais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión