Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de decembro de 2017

O goberno local asina convenios por valor de 250.000 euros con 29 entidades deportivas locais para o desenvolvemento de actividades que favorezan a inclusión social

Os proxectos forman parte da IV Convocatoria de ‘Deporte Solidario e Inclusivo’, programa posto en marcha polo Concello a través da Fundación Emalcsa

O Concello da Coruña investirá 250.000 euros para o financiamento de proxectos deportivos que desenvolverán 29 entidades da cidade, no marco da IV convocatoria do programa Deporte Solidario e Inclusivo, que desenvolve a través da Fundación Emalcsa e que pretende promover a integración social a través da práctica de distintas disciplinas de base. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, en calidade de presidente da Fundación Emalcsa, asinou esta mañá os convenios coas entidades adxudicatarias que poderán desenvolver os programas até o 31 de agosto de 2018. Nesta convocatoria, o proxectos presentados abranguen ámbitos como a educación en valores, o fomento da igualdade de xénero, a participación de persoas con diversidade ou en risco de exlusión social, accións solidarias ou proxectos innovadores. Tal e como destacou o rexedor, este programa, que o ano pasado contou con 16.700 persoas beneficiarias das actividades, permite afondar nun proxecto de cidade "máis próxima, inclusiva e xusta". "O goberno local ten entre as súas prioridades poñer en valor a diversidade que existe na Coruña e queremos facelo da man das entidades deportivas da cidade, porque coma elas, apostamos por un deporte que ten, como base, a igualdade", sinalou Ferreiro, que salientou que, non obstante, este programa "tamén conta coa implicación entidades que traballan no ámbito das diversidades, impresincibles para acadar unha Coruña máis plural e accesibe".   

A IV convocatoria de Deporte Solidario e Inclusivo introduciu novidades, como potenciar o desenvolvemento de proxectos que afronten a través da inclusión problemáticas sociais dunha complexidade especial, así como que as actividades se desenvolvan en base a alianzas e proxectos de colaboración con entidades sociais. En total, foron seleccionados os proxectos de 29 entidades da cidade, e que representan "a ampla diversidade de deportes que se practican na nosa cidade", destacou o alcalde, entre os que se atopan hóckey --en patíns, herba e sala--, tenis, tenis de mesa, pádel, baloncesto, escalada, patinaxe, fútbol e fútbol sala, piragüismo, voleibol, esgrima, tríatlon e péntatlon moderno, halterofilia, balonmán, vela, buceo, tiro con arco, natación uo waterpolo.

As entidades que desenvolverán a programación de actividades serán as seguintes: Club Escuela de Tenis Marineda, Alquimia Inline, Club Halterofilia Coruña, Zalaeta 100tolos, Club Natación Coruña, Club de Rugby de Arquitectura Técnica (CRAT), Club de Mar de San Amaro, Agrupación de Montañeros Independientes, Club Básquet Coruña, Real Sociedad Hípica de A Coruña, Unión Veciñal Ventorrillo, Grumico S.D., Sociedade Deportiva As Xubias, Athletic Coruña Hockey Club, Sporting Club Casino de A Coruña, Real Club Náutico de A Coruña, Club Torre SD, Viaxes Amarelle FSF, Victoria CF, Club Maristas, Club Instituto Zalaeta, OAR Ciudad Vieja de 1952, Club 5 Coruña Fútbol Sala, Orillamar SF, BM Línea 21, Orzán SD, Club Silva SD e Hockey Club Liceo.

Para o desenvolvemento destes proxectos, tal e como apuntan as bases da presente convocatoria, participarán entidades do tecido social, entre as que se atopan ASPRONAGA, GRUMICO, COGAMI, Fundación Camiña Social, Fundación Meniños, ONG Viraventos, ASPERGA, Centro de Protección de Menores Lar A Mercé, Down Coruña, ACLAD Coruña, ASPACE Coruña, Equus Zebra, ADCOR, Fundación Ingada, FEAFES, ADACECO e a Fundación Juan Soñador.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión