Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Igualdad y diversidad

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

12 de febrero de 2019

Igualdade destinará os 45.000 euros recibidos no reparto de fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero ao reforzo da atención psicolóxica no CIM e obradoiros de prevención

A concelleira Rocío Fraga manifesta que “a cantidade será ben empregada pero é claramente insuficiente, tendo en conta, ademais, que os recursos do Concello neste eido benefician á veciñanza tanto de dentro como de fóra da cidade”

A Concellería de Igualdade e Diversidade, dirixida por Rocío Fraga, empregará os 44.626 euros que a administración local vén de recibir por parte do goberno central dentro do reparto de fondos correspondentes ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero a realizar diversas actividades e obradoiros de prevención e información, así como a incrementar os recursos do Centro de Información ás Mulleres (CIM). En concreto, e segundo explica a responsable municipal, parte desta cantidade ten como destino o reforzo da atención psicolóxica coa que conta o centro municipal. "A nosa intención é a de adicar parte destes fondos á creación dun novo posto de traballo para unha psicóloga. Desta forma, non só incrementamos a calidade do servizo, senón que, ademais, favorecemos mellores condicións para o cadro de persoal e unha redución das listas de agarda", indica Fraga, que manifesta que, ademais, os fondos outorgados ao Concello tamén servirán para levar a cabo distintos obradoiros e actividades tanto de formación para a detección das violencias machistas como de prevención. Se ben a concelleira manifesta que "a cantidade adxudicada será ben empregada", esta resulta "claramente insuficiente para facer fronte ás necesidades da poboación da Coruña e da área metropolitana", advirte.

"Os criterios de reparto que utiliza o goberno do Estado son excesivamente arbitrarios. En primeiro lugar, concédese unha cantidade fixa por cada municipio duns pírricos 689 euros, á que logo se lle engade unha segunda achega en función, unicamente, do número de habitantes", comenta. "Este criterio non só reduce de forma abismal os fondos para os concellos de pouca poboación, numerosos en Galicia, senón que, ademais, non ten en conta, por exemplo, que os servizos de Igualdade da Coruña dan resposta e axudan a mulleres de toda a provincia, de feito os nosos servizos municipais de acollemento forman parte da Rede Galega de Acollementos para Mulleres vítimas de Violencia de Xénero", manifesta Fraga, que engade que "o goberno do Estado debería saber que a loita contra as violencias machistas ten que acompañarse de feitos e de cifras, non só de palabras".

Por outro lado, a titular de Igualdade explica que estas axudas do Pacto de Estado deben xustificarse no mes de xuño, feito que evita "que moitas das melloras que se poden implementar con estes cartos poidan manterse de forma estable no tempo". "Este reparto adoece de improvisación. De momento, a nosa aposta é usar estes fondos para mellorar o servizo do CIM pero, non sabemos se poderemos manter ou non ese reforzo na área de psicoloxía despois de xuño. En calquera caso, o Concello vai a loitar porque si", apunta. "De feito, a Concellería de Igualdade está a poñer en marcha, cos seus propios recursos, ferramentas para mellorar o servizo: reforzar a atención xurídica a vítimas de violencia machista e usuarias do CIM e investir no mantemento e mellora da rede de acollida coa adquisición de máis mobiliario, equipamento e menaxe", salienta.

Obradoiros

Ademais das melloras no Centro de Información ás Mulleres, a partida provinte do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero axudará a sufragar outras actividades promovidas dende Igualdade, como é o caso da instalación de puntos violeta nos centros cívicos e nos actos centrais da campaña do 8M como espazos de atención e asesoramento ante casos de violencias machistas e zonas de dinamización da igualdade e sensibilización na materia. Tamén é o caso de distintos obradoiros nas bibliotecas municipais destinadas a público infantil para fomento da educación en igualdade, talleres para mozas e mozos de secundaria sobre prevención e detección da ciberviolencia, actividades de educación emocional en familias e outras actividades e recursos a desenvolver no propio CIM. "Por outro lado, tamén usaremos parte destes recursos para o financiamento de programas de formación para o persoal municipal que traballa con persoas vítimas de violencia machista", remata Fraga.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?