Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2019

A 7.ª edición da Carreira da Muller da Coruña reunirá a 7.500 participantes este domingo

“Toda a Corporación local está comprometida para, entre todos, levar a cabo políticas transversais no eido educativo e social para acadar una igualdade real”, asegurou a alcaldesa

Esta mañá presentouse no Concello a sétima edición da Carreira da Muller da Coruña que este domingo reunirá a 7.500 mulleres e homes para tinguir as rúas da cidade de cor rosa.

Á presentación asistiron a alcaldesa, Inés Rey,  a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, as voceiras municipais do Partido Popular e Ciudadanos; Martín Fiz, presidente de honor da Carreira da Muller, David Iglesias Barca, presidente do Club Rialto, representantes de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia), Amrani Sbai, presidenta da ONG Mestura e María Sanjurjo, campioa do mundo de hóckey sobre patíns e madriña da carreira deste ano na Coruña.

Como novidade, este ano vendéronse un total de 50 dorsais solidarios a un prezo de 30 euros en beneficio da asociación ACADAR que xa se esgotaron, ao igual que os 7.500 dorsais oficiais que se esgotaron unha semana antes que na anterior edición.

Na presentación, Rey manifestou que "o domingo correremos todas e todos polas mulleres en situación de vulnerabilidade, polas vítimas da violencia machista, polas mulleres que non poden chegar a altos cargos por ser nais, polas que non teñen os mesmos salarios que os seus compañeiros polo único motivo de ser mulleres, por todas elas" e destacou que o éxito da carreira é "un logro de todas e todos que cada ano consegue involucrar a un millón de mulleres en todo o país e recadar preto dun millón de euros".

Canto ás políticas de igualdade, a rexedora detallou que "toda a Corporación local está comprometida para, entre todos, levar a cabo políticas transversais no eido educativo e social para acadar unha igualdade real" e, dixo, "que manifestar o meu ánimo e apoio ás mulleres que participan directa e indirectamente este domingo na carreira, porque elas son as protagonistas dese día e de todos os días".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión