Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2018

O Pazo dos Deportes de Riazor acollerá mañá a celebración do XXXII Trofeo Teresa Herrera de Baloncesto Masculino

José Manuel Sande e Rocío Fraga presentaron o torneo, no que participarán o Basquet Coruña e o Río Ourense Termal. Na entrada ao recinto recadaranse donativos para dúas entidades sociais que traballan con colectivos en situación de risco de exclusión social, como son a Fundación Juan Soñador e SOS Racismo

O Pazo de María Pita acolleu esta mañá a presentación da XXXII edición do Trofeo Teresa Herrera de Baloncesto Masculino. A competición, da que o Concello da Coruña é unha das entidades organizadoras, será a partido único e enfrontará mañá, mércores 26, a partires das 20.45 horas, ao Basquet Coruña e ao Río Ourense Termal. O encontro celebrarase no Pazo dos Deportes de Riazor e a entrada será gratuíta até completar a capacidade do recinto municipal. Nesta ocasión, e baixo o lema Por unha cidade para todas as persoas, o torneo terá ademais un carácter solidario, xa que se instalarán urnas para a recadación de achegas que se destinarán a dúas entidades sociais da cidade que traballan con persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade, como son a Fundación Juan Soñador e SOS Racismo.

A iniciativa, segundo expuxo a responsable municipal de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, parte da discriminación que sufriu Larry Abia, xogador do Básquet Coruña, na procura de aluguer na cidade, e que o alero denunciou publicamente. "Estamos a constatar, a través de entidades sociais, situacións problemáticas para a poboación estranxeira á hora de atopar piso na cidade pola súa condición, precisamente, de migrantes, ou simplemente pola cor da súa pel ou polo seu aspecto racializado. O goberno da Coruña está a traballar da man de distintas institucións da cidade para tratar de erradicar o racismo. Por iso, cando o Basquet Coruña propuxo esta liña solidaria para o torneo, pareceunos interesante visibilizar o labor de entidades como Juan Soñador ou SOS Racismo, que realizan un traballo fundamental e imprescindible coa veciñanza racializada e ou estranxeira a través tamén do convenio que puxemos en marcha para desenvolver o Observatorio de Racismo e Xenofobia", explicou a concelleira durante a presentación, na que tamén participou o edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande. "Este trofeo, xa consolidado, presenta unha mestura de elementos necesarios nunha cidade aberta e solidaria, ademais de deportiva", apuntou o concelleiro. Ao fío, o responsable municipal destacou que a iniciativa supón tamén "o inicio dunha tempada de celebración en Riazor, con cambios no Basquet Coruña, nun ano marcado pola ambición e que estará acompañado do anhelo de ACB da veciñanza", expresou.

Durante a presentación do Teresa Herrera tamén estivo presente o propio Larry Abia como o xerente do club, Miguel García, quen asegurou que o partido de mañá "será un derbi interesante, xa que tanto o Leyma como o Río Ourense Termal pelexarán esta tempada por obxectivos semellantes, como é meterse nos play-offs de ascenso para achegármonos ao soño da ACB".

Documentos:

Cartel-Trofeo-Teresa-Herrera.jpg (5 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión