Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro Cabaré Queer

Imparte: Yolanda Paz

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/06/2019 ata o 27/06/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/06/2019 ata o 23/06/2019

Formulario de inscrición

Horario:

De 17:00 a 21:00 h

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Información

O Cabaré é un xénero artístico aínda moi descoñecido hoxe en día na sociedade.

Mais alá da parte estética e frívola resulta moi beneficioso a calquera idade xa que axuda a

desinhibirnos, a descubrir e aceptar a nosa sensualidade, creatividade e as nosas "rarezas" persoais fortalecendo a nosa autoestima e descubrindo o noso potencial.

Unha das bases deste xénero escénico é a actitude así como a crítica polítitica e social. Isto permítenos crear un espazo idóneo para poder expresarnos dun xeito libre e auténtico, facéndonos así donas/os de nós mesmas/os reforzando as nosas capacidades e talentos tanto no plano individual como colectivo creando redes de apoio e coidado para alcanzar autonomía en todas as esferas da vida, persoal e social.

Obxectivos

• Desinhibirnos

• Empoderarnos

• Descubrir o talento persoal

• Gañar presenza e actitude

• Aumentar a confianza e autoestima

• Reconectar coa nosa sensualidade e espontaneidade

• Aceptar o noso corpo tal e como é

• Atrevernos a ser nos memas/os

• Mellorar a nosa postura e coordinación

• Fomentar o traballo en grupo

• Crear unha rede solida dentro e fora da aula

Metodoloxía

 Empregaranse dinámicas de grupo lúdicas, xogo dramático, improvisación teatral, movemento libre, coreografía e espazos de debate e discusión para compartir inquedanzas, emocións, etc... entre as/os alumnas/os para fortalecer ó grupo.

Contidos

 • Introdución histórica ao Cabaré

• Quecemento: xogo lúdico, rítmico e motricidade

• Desinhibición: física e oral

• Socialización: xogo cooperativo ou de sensopercepción.

• Expresión corporal e verbal: investigación da linguaxe e a comunicación de ambas grupal e individual

• Dramatización: construcción de esceas a través da improvisación teatral

• Movemento: descubrir o movemento natural e individual a partir do noso potencial

• Creacións individuais e colectivas

• Travestismo

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión