Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións

  • Convenio coa Asociación de Persoas Xordas da Coruña para un servizo de acompañamento e interpretación da lingua de signos

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DA CORUÑA, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Servizo de acompañamento e interpretación da lingua de signos", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

    Remuneración / Dotación:

    13.000,00 €

  • Convenio coa Fundación Juan Soñador para financiamento do mantemento de Teranga A Coruña 2016

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Mantemento da actividade do Programa Teranga A Coruña", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

    Remuneración / Dotación:

    6.000,00 €

  • CONVENIO CO APA CENTRO OCUPACIONAL PASCUAL VEIGA PARA A CONTRATACIÓN DUNHA PERSOA CON DIVERSIDADE FUNCIONAL NO CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO PARA O SERVIZO DE LIMPEZA

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e A P A CENTRO OCUPACIONAL PASCUAL VEIGA, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Contratación dunha persoa con diversidade funcional/sensorial no centro especial de emprego para realizar o servizo de limpeza do local da asociación", que se desenvolverá durante o exercicio 2016

    Remuneración / Dotación:

    10.500,00 €

  • Convenio coa Liga Reumatolóxica Galega para a realización dun programa de atención integral ao paciente reumatolóxico

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN LIGA REUMATOLÓXICA GALEGA "LOITA CONTRA O REUMATISMO" LIREGA coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Realización dun programa de atención integral ao paciente reumatolóxico", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

    Remuneración / Dotación:

    9.000,00 €

  • Convenio Asociación Dano Cerebral da Coruña para servizo de respiro familiar, apoio e orientación a coidadores familiares de persoas afectadas por dano cerebral adquirido

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL DA CORUÑA ADACECO, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Servizo de respiro familiar, apoio e orientación a coidadores familiares de persoas afectadas por dano cerebral adquirido", que se desenvolverá durante o exercicio 2016

    Remuneración / Dotación:

    15.000,00 €

  • Convenio Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña para contribuír ao financiamento dos gastos das escola de xoiería La Milagrosa para impartir o oficio de xoiería a persoas con diversidade funcional en situación de desemprego

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA CORUÑA GRUMICO coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Contribución aos gastos da escola de xoiería La Milagrosa para a impartición do oficio de xoiería a persoas con diversidade funcional en situación de desemprego", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

    Remuneración / Dotación:

    28.000,00 €

  • Convenio Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña (APEM) para a realización dun programa de inserción laboral para persoas afectadas por unha enfermidade mental

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTAIS DA CORUÑA coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Realización dun programa de inserción laboral para persoas afectadas por unha enfermidade mental", que se desenvolverá durante o exercicio 2016

    Remuneración / Dotación:

    18.000,00 €

  • Convenio Asociación Ledicia Cativa para a acollida temporal de nenos e nenas afectados pola radiación de Chernobil en réxime recuperativo de saúde por familias do Concello da Coruña

    Obxecto:

    O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOC. LEDICIA CATIVA coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Acollida temporal de nenos e nenas rusos/as afectados pola radiación de Chernobil en réxime recuperativo de saúde por familias do Concello da Coruña", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

    Remuneración / Dotación:

    3.000,00 €

  • Convocatoria de subvencións a asociacións e colectivos no ámbito da Igualdade e Diversidade 2016

    Inscricións:

    Dende o 30/07/2016 ata o 29/08/2016

    Obxecto:

    É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar economicamente as asociacións na promoción da igualdade de xénero e inclusión social atendendo ás diversidades existentes e a prevención das violencias machistas, de acordo con criterios obxectivos que ponderen a relevancia e coherencia.

    Para o mellor desenvolvemento do seu labor, establécense tres tipos de liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:

    Liña 1: Fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo no ámbito dos dereitos das mulleres e a non discriminación por cuestión de diversidade no municipio da Coruña

    Liña 2: Actividades facilitadoras da inclusión da igualdade na diversidade

    Programas:

    2.1.-Fomento da cidadanía inclusiva. 2.2.-Promoción activa e defensa dos dereitos LGTBQI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, queers, intersexuais).

    Liña 3: Actividades para a prevención das violencias machistas no municipio da Coruña.

    Programas:

    3.1.-Fomento de actitudes favorables á igualdade de xénero e a erradicación de comportamentos violentos cara ás mulleres.

    3.2.-Fomento de actitudes favorables aos dereitos das persoas LGTBQI e a repulsa de comportamentos baseados no odio ao non-heteronormativo.

    Poderanse solicitar subvencións para unha ou varias liñas e/ou programas subvencionables nunha única solicitude, sempre que indique a entidade interesada cada actividade de forma independente e por orde de preferencia. No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, programa ou actividade, a entidade solicitante deberá presentar memoria e orzamento de ingresos e gastos para cada unha delas.

    Remuneración / Dotación:

    Contía total: 100.000,00 euros.

    O orzamento máximo susceptible de ser subvencionado pode alcanzar ata o 100%.

    O importe global distribuirase, sempre que as solicitudes presentadas o permitan cos seguintes límites máximos:

    1) Programas de fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo: ata o 40%.

    2) Programas de fomento da inclusión da igualdade na diversidade: ata o 30%.

    3) Programas de prevención das violencias machistas: ata o 30%.

resultados 79

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión