Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xullo de 2018

A Concellería de Igualdade e Diversidade reforza a atención xurídica no CIM para dar resposta a todas as consultas por violencia machista

A edil Rocío Fraga salienta o esforzo que está a realizar o Concello, ante as limitacións impostas polo Goberno central, para mellorar un servizo “que non admite listas de espera”

A Concellería de Igualdade e Diversidade reforza a atención xurídica que se ofrece con medios propios no Centro de Información á Muller, que disporá de 720 horas anuais máis deste tipo de atención para dar resposta a todas as consultas por violencia machista. "A pesar da asfixia imposta aos concellos polas normativas estatais, que imposibilitan novas contratacións de persoal propio, e o incumprimento de financiamento acordado no Pacto de Estado sobre violencia de xénero, o Concello precisa actuar para mellorar un servizo que non admite dilacións nin listas de espera", afirma a edil Rocío Fraga, que indica que o CIM atende, ademais, situacións de urxencias e fai seguimento de todas as atencións realizadas "coa fin de conseguir unha auténtica e efectiva atención integral das mulleres e os seus fillos e fillas, tal e como esixe a normativa estatal e galega".

A concelleira explica que, se ben o número de persoas atendidas no CIM non aumenta significativamente nos últimos anos, vénse detectando un aumento nas consultas motivadas por violencia machista. "O número de consultas a causa da violencia de xénero pasou de representar o 47,8% respecto do total de consultas atendidas no 2015, ao 70,80% no 2016 e ao 73,3 % no 2017", exemplifica. "Con este reforzo de persoal, que fará 720 horas ao ano, poderemos ter a atención dunha experta tres días á semana de 09.00 a 14.00 horas para mellorar a atención", apunta. A atención xurídica, así como a psicolóxica e social do CIM abarca tamén as mulleres e menores da Casa de Acollida, que tivo a 42 persoas residentes en total no 2017 e 55 no 2016.

O Centro de Atención á Muller forma parte da rede da Xunta pero é xestionado polo Goberno local que, no seu compromiso de convertelo nun servizo "estable e consolidado", ten traballado para "suprimir a temporalidade de moitos dos postos de traballo, así como no reforzo do servizo, ao que xa se incorporou unha mediadora na Rede Municipal de Acollemento para cubrir a demanda das usuarias e que permitiu desenvolver actividades, postas a andar este ano, que fomentan o autocoñecemento, a educación emocional e a reinserción social e laboral das mulleres".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión