Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de setembro de 2019

A Corporación Municipal garda un minuto de silencio en María Pita polo triplo asasinato machista de Valga

A edila de Igualdade, Yoya Neira, explicou que “nos vindeiros anos para o Goberno local será prioritario realizar campañas atractivas sobre concienciación e educación dirixidas á mocidade”

Representantes de todos os partidos da Corporación Municipal congregáronse ás 12.00 horas na praza de María Pita nun minuto de silencio en repulsa da violencia machista polo triplo asasinato de tres mulleres cometido onte en Valga, Pontevedra.

Juan Ignacio Borrego, primeiro tenente de alcaldesa, cualificou o que sucedeu onte no concello pontevedrés de "machismo exacerbado" e asegurou que hoxe "todos e todas falamos co silencio pero a este acto seguiremos engadíndolle medidas para acabar coas diversas formas de violencia que sofren as mulleres".

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, enmarcou este crime "nunha xeira de violencia que non remata". A realidade, dixo, "é que desgraciadamente o terrorismo machista continúa e as administracións temos que ampliar as reflexións sobre o noso papel, sobre onde estamos acertando e onde estamos fallando, para previr este tipo de inxustizas". Neira tamém lembrou que "no mesmo período que o ano pasado, xa hai máis mortas e ademais a violencia esténdese a vítimas como as fillas e os fillos, polo que temos que seguir traballando e buscando solucións interdisciplinares".

Canto ás políticas de igualdade do Goberno local, Neira explicou que "temos moitas liñas de actuación en marcha e afondaremos nelas coas melloras necesarias, dentro das competencias con que contamos. Continuaremos cos protocolos de protección da Policía Local, onde catro de cada dez detencións xa están relacionadas coas violencias machistas e, a maiores, dáremoslles un pulo ás campañas de concienciación e de educación en sectores maiormente xuvenís, como as escolas de empoderamento para mulleres de todas as idades".

A edila destacou que "nos vindeiros catro anos para nós vai ser prioritario conseguirmos que esas campañas resulten atractivas para a poboación máis nova, que moitas veces se separa de charlas que os centros educativos non sempre acollen na súa totalidade" e pediu "colaboración á Inspección Educativa e á Consellería de Educación para desempeñar un labor conxunto co que este tipo de iniciativas sigan calando na xuventude".

O Concello da Coruña lembra que ante calquera indicio de violencia machista pode acudirse ao teléfono 016, así como ao 092 da Policía Local.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión