Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de novembro de 2018

A edil de Igualdade subliña, na inauguración da Xornada Cultura Accesible e Inclusiva, o compromiso do goberno local "por situar ás persoas con diversidade no centro da produción das artes"

A sesión desenvólvese no marco do Festigual, iniciativa municipal cuxa actividade continuará até o 2 de decembro, data na que o Centro Ágora acollerá distintos espectáculos promovidos por entidades culturais en colaboración con entidade sociais

O Centro Ágora acolle, durante o día de hoxe, a primeira edición da Xornada Cultura Accesible e Inclusiva, unha iniciativa promovida polo Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa que nace, no marco do Festival de Artes Pola Inclusión Cultural Festi=, co obxectivo de ofrecer un espazo de encontro e intercambio de experiencias entre profesionais de distintos ámbitos que teñen interese na creación cultural como ferramenta da inclusión social. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, acompañada polo edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, foi a responsable de inaugurar o evento, que "desborda a programación do Festigual, convidando á cidadanía a un novo espazo dende o que xerar conexións entre entidades culturais e sociais, así como conversas ao redor da cultura como ferramenta de inclusión social", explicou.

Fraga salientou a aposta do goberno local "pola apertura da accesibilidade da cultura para o conxunto da poboación, así como o fomento das artes protagonizadas por persoas diversas", a través do programa Cultura Accesible e Inclusiva. Precisamente a responsable municipal deu a coñecer os 13 proxectos que resultaron da segunda convocatoria do programa, no que se investiron 100.000 euros e cuxas actividades chegaron a máis de 10.000 persoas. Tal e como apuntou a edil, estas iniciativas tamén forman parte da programación da segunda edición do FESTI=. O festival continuará coa súa actividade expandida até o vindeiro 2 de decembro, data na que se celebrará unha xornada festiva no Centro Ágora que contará coa participación das  entidades culturais e sociais beneficiarias da II convocatoria do programa Cultura Accesible.

A xornada, que conta coa colaboración de Naturgy, Repsol, Fundación Sabadell, Vegalsa e a Fundación Maria José Jove, deu a coñececer esta mañá diferentes iniciativas e organizacións que traballan a inclusión social desde o ámbito da cultura, tanto a nivel local como doutras localidades, e que abranguen disciplinas como a fotografía, a literatura ou a música. Pola tarde, desde as 16.00 horas, continuará cunha sesión denominada Promoción cultural desde o sector público e privado, na que estarán presentes a directora do Teatro Colón, Bettina Kohlhaas, o director do Grupo AMAS, Sergio Aguinaga, e a adestradora de actrices e actores con diversidade funcional da película Campeones, Allende López. De seguido, a partires das 17.15 horas, abordarase o traballo de proxectos que ofrecen perspectivas innovadoras de inclusión desde a cultura. É o caso de Dididai Nepal, unha ONG para o desenvolvemento que traballa con persoas con diversidade funcional, o programa Arte no Territorio, do departamento de danza e música da Fundación Jicoteca, ou a iniciativa Sen etiqueta. A xornada pecharase ás 18.15 horas cun acto denominado Clownferencia, no que participan as actrices Vanessa Rivas e Teresa Babío.

Para máis información sobre o festival así como toda a súa programación, tanto expandida como do día 2 de decembro, pódese visitar www.coruna.gal/igualdade/festigual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión