Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

FESTI=. Festival de Artes pola Inclusión Cultural

Cando:

Os días 18/10/2018, 02/11/2018, 07/11/2018, 09/11/2018, 14/11/2018, 15/11/2018, 16/11/2018, 19/11/2018, 22/11/2018, 26/11/2018, 29/11/2018, 30/11/2018, 02/12/2018

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Para participar nos obradoiros é necesaria a inscrición previa no formulario que atoparás xunto a denominación de cada actividade.

Documentos:

Programa FESTI= (3 MB)

FESTI= é o Festival de Artes pola Inclusión Cultural, un punto de encontro para que toda a cidadanía teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras.

Queremos unha cultura sen barreiras, sen trabas, unha cultura para todas e todos.

Facemos unha cultura transversal da que sentirnos parte.

Somos diferentes, e a diferenza enriquece.

Queremos Festi=

Independentemente das nosas condicións física ou cognitiva, reivindicamos o dereito ao pleno goce da cultura, queremos facer e desfrutar das manifestacións artísticas ou culturais fora do circuíto terapéutico ou ocupacional.

O programa Cultura Accesible e Inclusiva favorece a inclusión e a accesibilidade das persoas na vida cultural e artística, excluíndo calquera barreira ou impedimento que dea lugar á discriminación.

Facemos FESTI=

Enchemos as rúas, as prazas, os espazos, somos nós, as persoas da cidade. A cidade é nosa, e imos a enchela de arte, da arte que facemos, da cultura na que cremos.

Programación

18 Outubro. Centro Cívico Monte Alto . Hora: 19h. Ciclo de Lírica Inclusiva. Amigos da Ópera da Coruña. Diego Neira, tenor de Arias de óperas, romanzas, zarzuela e cancións.

02 Novembro. Centro Ágora . Hora: 20h. Ciclo de Lírica Inclusiva. Amigos da Ópera da Coruña. Orquesta Gaos con Francisco Corujo, tenor de Arias de óperas e romanzas de zarzuela.

07 Novembro. Teatro Colón. Hora: 20.30h. Diversos + Experimentadanza. Picasso: A Ollada nas Mans coa Banda Municipal de Música da Coruña.

09 Novembro. Centro Ágora . Horas: 10 a 14h e 16 a 19h.  Xornadas de Cultura Accesible e Inclusiva 2018: conferencias, mesas de debate e formación. Inscrición en xornadafestigual@gmail.com ou no teléfono 981 237 258. Pode consultar o cartaz das Xornadas pinchando aquí .

14 Novembro. Museo de Belas Artes . Hora: 11h. Asociación Participa. Ruta Inclusiva pola cidade con visita guiada ao Museo (con inscrición previa)

15 Novembro. Teatro Rosalía Castro . Hora: 19h.  La Quinta del Arte: Despertares. + La Quintana Teatro: Desde lo Invisible

15 e 22 Novembro. Centro Cívico Labañou . Horas: 16 a 17:30h.  A.C. Sen Animo de Nome. Obradoiro Biodanza con demostración final (con inscrición previa)

16 e 30 Novembro. Centro Cívico Monelos . Horas: 18:30 a 20:30h. A.C.C. Negus. Musi= Obradoiro de DJ Inclusivo (con inscrición previa)

19 e 26 Novembro. Centro Cívico Labañou . Horas: 19 a 20:30h.  A.C. Sen Animo de Nome. Obradoiro de poesía e lingua de signos con Jam final (con inscrición previa)

22 Novembro. Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga . Hora: 19h. Sociedade Filatélica. Inauguración da Exposición "Centenario da inauguración do palacio municipal" (ata 09 de Decembro).

29 Novembro. Salón de Plenos do Concello 17:30h. e Teatro Rosalía Castro 19:00h.  Asoc Proxecto Máscaras. Pleno Temático: Presentación da Sitcom "E do meu que?" e posterior estrea no Teatro.

30 Novembro. Museo de Belas Artes . Hora: 11h.  Asociación Participa. Ruta Inclusiva pola cidade con visita guiada ao Museo (con inscrición previa)

PROGRAMA DÍA 2 de decembro - Centro Ágora

MAÑÁ

11:00 Asoc. Tres x Cuatro. Rober Pier: Inauguración da Xornada coas entidades

12:00 Poten100Mos. Inauguración Exposición FTloE [unha visión de Beckett] de urza + Representación Fuera Todo Lo Extraño

12:00 a 14:00 A.C. Zalaeta. Deseñando e Unindo Sons

12:30 A.C.C. Negus. Músicas en Igualdade

12:30 Pallas@s en Rebeldía. O Valo

13:30 A.C. Sen Animo de Nome. Mostra da Jam de Poesía e Lingua de Signos

TARDE

17:00 Poten100Mos. Representación de Fuera Todo Lo Extraño

18:00 Demusicade. Concerto. Lugar: Hall do Agora

17 a 19 A.C. FreakeMacine. Proxección do filme Coherence e debate.

18:30 A.C.C. Negus. Músicas en Igualdade

18:30 Contos con Lingua de Signos a cargo de FAPXG + Vero Rilo. "Unha casa a medida" e "¡No quiero verte más!"

19:30 A.C. Sen Animo de Nome. Mostra do Obradoiro de Biodanza

20:00 Mercedes Peón: Déixaas- Tras os Muros. Lugar: Auditorio do Centro Agora. Entrada de balde pinchando aquí

Todas as actividades son de balde.

A festa segue o día 3 de decembro no que celebramos coas entidades o Día Mundial da Discapacidade en María Pita coa paraguada 2018

Somos FESTI=

Somos todas e todos os que traballamos cada día por facer unha cidade máis xusta, máis igualitaria, máis diversa, máis viva. Somos o tecido, os que facemos cultura, as que facemos cidade.

ASOCIACIÓNS

Asociación Proxecto Máscaras

Máscaras preséntanos a sitcom "E do meu que?" . Unha serie na que abordaremos a inclusión na vida pública e social dende o humor e a ironía. FESTI= estrea o episodio piloto da nova serie de éxito.

Asociación Cultural para a Integración Social Diversos

Diversos preséntanos en coprodución con Experimentadanza e a Banda Municipal de Música da Coruña a obra Picasso: A Ollada nas Mans. Circo, danza, teatro e música nunha obra de grande impacto visual e emocional.

Asociación Amigos da Ópera da Coruña

Co proxecto do Ciclo de Lírica Inclusiva a asociación achega a lírica a públicos e espazos pouco habituais, co obxectivo de fomentar a apreciación musical desta disciplina.

Asociación Cultural Tres por Cuatro

Tres por Cuatro introdúcenos na música dun xeito participativo e inclusivo. O resultado é un fermoso concerto multitudinario que integra a actividade social e cultural.

Asociación Sociocultural La Quinta del Arte

A asociación preséntanos dúas obras sobre inclusión e diversidade no Teatro Rosalía: o Premio Max "Desde Lo Invisible" e a nova obra "Despertares".

Asociación Demusicade

A Orquestra de Cámara Galega achega con este programa a música clásica a diferentes colectivos de persoas con discapacidade. Veremos un exemplo no Centro Ágora o 02 de decembro.

Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña

Co proxecto "Un Museo en Movemento" trasládase o seu contido ás persoas con dificultades cognitivas ou de mobilidade.

Asociación Coruñesa Negus

Cos obradoiros inclusivos para DJs dáse acceso a esta disciplina a persoas sexan cales sexan as súas capacidades. Negus ademais dos obradoiros de formación amosarannos o resultado con orixinais picadas musicais igualitarias.

Asociación Cultural Zalaeta

Mesturando a música e a tecnoloxía a asociación preséntanos o seu traballo no proxecto "Deseñando e Unindo Sons".

Asociación Cultural FreakMacine

A Asociación presenta o filme Coherence desenvolvendo ao redor da súa proxección un traballo de debate e reflexión en torno á inclusión.

Asociación Poten100mos

Poten100mos introduce a danza e a obra pictórica no programa. O artista urza exporá no Ágora a súa obra" FTloE [unha visión de Beckett]"acompañada da peza de danza inclusiva "Fuera todo lo extraño".

Sociedade Filatélica da Coruña

A Sociedade expón a súa labor de achegar os selos e a filatelia á cidadanía na Sala de Exposicións Salvador Madariaga dende o 22 deNovembro ata o 09 de decembro

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG 

Buscan alcanzar o desenvolvemento integral das persoas xordas de Galicia, en condicións de accesibilidade universal, preservando a Lingua de Signos Española ( LSE) como valor principal.

ARTISTAS

Mercedes Peón // Déixaas - Tras os Muros

Tras unha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que é un referente internacional, Mercedes Peón expande o seu universo sonoro e a súa visión poética. A forza de "Deixaas" transmite unha intensa pegada performativa. Con Monica de Nut e Ana Fernández.

Mercedes achegará ao Agora un concerto moi especial para unha sinalada ocasión.

Pallas@s en Rebeldía // O Valo

A partir do marabilloso texto de Carlos Labraña, merecedor do IX Premio Manuel María Literatura Dramática Infantil, Pallas@s en Rebeldía deciden crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar ao público infantil a reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática que estase a enquistar nas nosas fronteiras.

La Quintana Teatro // Desde Lo Invisible

Galardoada co Premio MAX de Teatro Desde Lo Invisible pon sobre as táboas diferentes escenas relacionadas coa diversidade onde o riso, a emoción, a humanidade e a poesía flúen nunha experiencia na que o espectador é cómplice, observador, protagonista e interlocutor dunhas vidas que merecen ser contadas, dunhas vidas que merecen ser vividas.

Vero Rilo

Vero Rilo é unha das principais narradoras da escintilante nova fornada galega; creadora de proxectos como Daboapipa, Apatacón ou Rilo e Penadique mestura o mellor do tradicional coa innovación nas súas propostas.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?