Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2019

O Concello outorga subvencións a 29 entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos que fomenten a igualdade e a visibilización das diversidades

A Concellería de Igualdade e Diversidade acaba de resolver a convocatoria de axudas para este 2019, á que se destinan máis de 142.000 euros

A Concellería de Igualdade e Diversidade deu a coñecer nesta xornada a resolución provisional da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades do tecido asociativo que desenvolven o seu labor no ámbito da igualdade e das diversidades. As axudas, por un valor de 142.453,51 euros, contemplan dúas liñas diferencias. A primeira delas está destinada ao fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo pola igualdade e a diversidade local, mentres que  a segunda ten como obxectivo favorecer a posta en marcha de actividades de defensa da igualdade na diversidade, en tres dimensións. Deste xeito, esta vía contempla iniciativas vinculadas á prevención e erradicación das violencias machistas; a execución de accións pola defensa e o recoñecemento dos dereitos das persoas LGTBQ, e propostas de formación ou sensibilización que teñan como base un enfoque de educación para a cidadanía global.

Así, 22 entidades contarán con axudas para o seu gasto de funcionamento durante o presente exercicio, como son a Asociación Amas de Casa, Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), Asociación Coruñesa de Promoción das Persoas Xordas (Acopros), Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco), Asociación de Mulleres para a Igualdade e Visibilidade Lésbica, Asociación Down Coruña, Asociación Galega de Lupus, Asociación Galega pola Igualdade e a Coeducación (Apico), Asociación Galega de Fibrose Quística, Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (ALAS), Asociación Proxecto Máscaras, Asociación socio-educativa para a Educación (Aseduc), Asociación SOS Racismo, Asociación Galega de Asperger (Asperga), Comité Antisida da Coruña (Casco), Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), Fundación Ingada, Fundación Radio ECCA, Fundación Tutelar Aspronaga, Grupo de Minusválidos da Coruña (Grumico), La quinta del arte e Liga Reumatolóxica Galega.

Por outra banda, 12 proxectos --vinculados ao fomento da igualdade e das diversidades-- doutras tantas entidades locais poranse en marcha este ano no marco desta resolución, como son o Proxecto Orgullosas (Asociación de Mulleres para a Igualdade e a Visibilidade Lésbica), Retranqueiras (Asociación Ecos do Sur), Mellora da calidade dos servizos prestados (Asperga), Mundo de cores (Asociación ONG Viraventos), Actúa diferente para ser igual (Asociación Participa para a Inclusión Social), Festival Diversimacine (Asociación Poten100mos), O universo das emocións e da sexualidade (Aseduc), Sexpoint (Casco), Xeitos de ver: construíndo masculinidades positivas (Fundación Érguete Integración), Igualdade, Interculturalidade e Convivencia na Coruña (Fundación Mujeres), Fortalecemento da muller na igualdade de xénero (Fundación Radio ECCA) e Fortalecemento e empoderamento na loita dos dereitos das mulleres (Solidariedade Internacional de Galicia).  

A convocatoria de subvencións tramitouse de forma anticipada no mes de novembro de 2018 co obxectivo de que as entidades de iniciativa social que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña (REMAC) conten co financiamento solicitado nun prazo que lles permita desenvolver a súa actividade sen ter que adiantar fondos para a súa posta en marcha. Despois da publicación desta resolución --que se pode consultar no web da Concellería de Igualdade ou na Sede Electrónica --, as entidades dispoñen dun prazo de 10 días naturais para presentar alegacións á mesma.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión