Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

22 de xaneiro de 2019

O Pazo de María Pita acolle o xoves 24 unha mesa redonda con xornalistas sobre a xestión política e mediática da catástrofe do 'Prestige'

O debate, que comeza ás 19.30 horas e contará coa participación de Xosé Hermida, José Precedo e Comba Campoy, forma parte das programación de 'Máis Nunca Máis', unha exposición que recolle a creación artística e popular xurdida tras o afundimento do petroleiro

O Salón de Sesións do Pazo de María Pita será o xoves o escenario dunha mesa redonda na que xornalistas abordarán diversos aspectos das semanas posteriores á catástrofe do Prestige, como foi a xestión política ou o seu tratamento nos medios de comunicación. A actividade forma parte da programación de Máis Nunca Máis, unha iniciativa que recolle a creación artística e popular xurdida tras a catástrofe do petroleiro nunha mostra que se pode visitar na sala de exposicións municipal de Palexco ata o día  3 de marzo.

O debate, que comezará ás 19.30 horas, titúlase O Nunca Máis como fin do réxime fraguián. Dezaseis anos dun vergoñento consello de ministros, en referencia á reunión do gabinete do entón presidente do Estado, José María Aznar, que se produciu no Pazo de María Pita e do que se cumpre este xoves o seu aniversario. Na mesa participarán os xornalistas Xosé Hermida, do diario El País, José Precedo, de eldiario.es, e Comba Campoy, doutora en Ciencias da Comunicación e que foi parte do equipo do boletín Contramaré. No debate, que estará moderado polo coordinador do proxecto, Jorge Linheira, abordaranse temas como a xestión do accidente e as accións políticas posteriores, como o Consello de Ministros, entre outros.  

O proxecto, que conta coa colaboración do Concello e que está impulsado polo colectivo Unha gran burla negra, naceu coma unha acción colectiva para investigar e poñer en valor toda a creatividade popular e artística que se deu nos meses posteriores á catástrofe do Prestige. A mostra que se atopa no Palexo, e que está deseñada polo colectivo Radio Buguina, recolle preto de 1.500 imaxes, montadas en movemento grazas a 20 proxectores, que lembran ás persoas voluntarias, as e os representantes políticos da época e as manifestacións que se realizaron dende a catástrofe.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?