Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2018

O Teatro Rosalía Castro acollerá este xoves a representación de dúas obras de teatro vinculadas á inclusión e diversidade no marco do Festigual

A programación expandida do Festival de Artes pola Inclusión Cultural avanza coa presentación, por parte da entidade La Quinta del Arte, dos espectáculos ‘Despertares’ e ‘Desde lo ¡nvisible’

A Teatro Rosalía Castro será o escenario no que o II Festival de Artes pola Inclusión Cultural, Festi=, celebrará esta semana unha nova actividade. O recinto cultural municipal acollerá o vindeiro xoves, 15 de novembro, a partires das 19.00 horas, a representación, por parte do Centro Artístico para a Inclusión Social La Quinta del Arte, de dúas obras sobre a inclusión e a diversidade, como son Despertares e Desde lo invisible, esta última recoñecida cun premio MAX de teatro. A entrada para asistir aos dous espectáculos será libre até completar a capacidade do recinto. Ambras obras forman parte do proxecto Despertares, unha das propostas seleccionadas na segunda convocatoria Cultura Accesible e Inclusiva, promovida polo Concello da Coruña a través da Fundación Emalcsa --e da que se nutre o II Festival de Artes pola Inclusión Cultural--, e que procura espertar a creatividade e ampliar o concepto de diversidade a través do teatro.

O Festi=, no que colaboran Repsol, Vegalsa, Fundación María José Jove, Naturgy e Fundación Sabadell, conta cunha programación cultural inclusiva e 100% libre de barreiras que comezou o pasado 5 de outubro e que se estenderá até o 2 de decembro, cunha xornada encherá o Centro Ágora de actividade. Para máis información sobre a proposta, pódese visitar o web www.coruna.gal/igualdade/festigual.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión