Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2018

Un equipo da Policía Local analiza os factores sociais de condutores reincidentes para reducir o risco de novos delitos contra a seguridade viaria

Os axentes, que contan con formación específica en crimonoloxía, abordan o primeiro caso cunha entrevista persoal voluntaria seguindo os protocolos elaborados pola Fiscalía. A concelleira de Igualdade e Diversidade destaca que o programa “busca introducir medidas correctoras no sistema, xa que a reincidencia pon de manifesto que existen eivas no mesmo”.

Un equipo da Policía Local de A Coruña formado en criminoloxía aborda o primeiro caso no que tenta reducir o risco de reincidencia en condutores condenados por delitos contra a seguridade viaria a través da análise da súa situación familiar, social e o entorno laboral. O grupo está traballando no caso dunha persoa reincidente que está pendente de xuízo polas súas últimas condutas infractoras. Tal e como avanza a concelleira de Igualdade e Diversidade, con competencias en Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, o labor deste equipo consiste en realizar informes criminolóxicos para indagar, de maneira personalizada, que se agocha detrás dunha conduta reincidente e así poder proporcionarlle, por un lado, unha axuda e, por outro, unha condena máis adaptada ás súas circunstancias, xa que a propia reincidencia fala do fracaso na uniformidade das penas. Considérase que unha persoa é unha condutora reincidente cando foi sancionada máis de tres veces en menos de cinco anos por delitos contra a seguridade viaria. A Fiscalía calcula que en Galicia hai ao redor de 300 persoas que cumpren as características. "Cando hai tanta reincidencia, temos que pensar que unha das causas é, sen dúbida, as carencias e eivas do sistema. Este programa busca introducir medidas correctoras no propio sistema, valorar as motivación e buscar unha solución axeitada para cada persoa reincidente a través da análise en detalle de cada caso. A delincuencia ten causas múltiples e se se analizan pódese reducir ", explica Fraga.

As catro persoas que conforman o grupo -un inspector, un oficial, un policía e un coordinador- forman parte do Equipo de Investigación de Delincuencia Vial que impulsa a Fiscalía de Seguridade Vial de Galicia dende o pasado ano, un proxecto ao que a Policía Local da cidade se sumou dende o inicio. Así, os axentes recibiron formación específica e nos protocolos establecidos pola Fiscalía, o que lles permite analizar a situación familiar, social, do entorno laboral e as relacións sociais da persoa reincidente, que se somete a unha entrevista de maneira voluntaria. Nela valórase tanto a conduta como o comportamento da persoa infractora segundo as teorías criminolóxicas para despois facer un pronóstico da posible reincidencia catalogado por niveis (alto, medio e baixo). A información que se tira da conversa, máis unha análise previa dos feitos e os antecedentes vinculados ás infraccións que cometeu configura un informe que é empregado despois no proceso xudicial polo Ministerio Fiscal.

O informe no que traballa o equipo da Policía Local será un dos primeiros que se realiza en Galicia. A nivel estatal, só se levaron a cabo experiencias similares en Murcia e na cidade de Elche.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión