Concello da Coruña

Concello da Coruña

Orgullo 2018

VISIBILIZA-T,  TRANSformando A CORUÑA

Case 50 anos despois do nacemento do movemento LGBTQI en Stonewall (NY), as accións pola visibilidade e a defensa dos dereitos e liberdades afectivo-sexuais seguen a ser necesarias.

Co obxectivo de TRANSformar A Coruña, facendo desta unha cidade na que ningunha persoa sexa obxecto de discriminación pola súa expresión de xénero, identidade ou orientación sexual, dende a Concellaría de Igualdade e Diversidade presentamos a  programación do Orgullo 2018, produto dun traballo colectivo con Amizando e ALAS A Coruña, asociacións LGBTQI da cidade.

Baixo o lema "Visibiliza-T", desexamos amosar o noso recoñecemento polas loitas das persoas trans, pola súa coraxe, resistencia e traballo pola despatoloxización das súas identidades, convidando a toda a veciñanza a implicarse activamente no cambio social liderado polos colectivos LGBTQI. 

II Edición do Concurso de Fotografía Orgullo LGTBQI  #VisibilizaT

Do 6 de xuño ao 2 de xullo participa e aspira a gañar un lote de libros!!! Comparte as túas imaxes pola visibilidade e o recoñecemento dos dereitos e liberdades afectivo-sexuais en Instagram empregando o cancelo #visibilizaT. Máis información nas bases do concurso

Outra información de interese:

LGBT - As diversidades sexuais nas bibliotecas

Guía de turismo A Coruña LGTBQI

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión