Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Unha Europa para as persoas desde unha perspectiva decolonial

Coa organización destas Xornadas, dende o Concello da Coruña procuramos crear un espazo no que abordar, dende a política exterior e migratoria da Unión Europea e as súas consecuencias, ata as posibilidades de construción de estratexias de actuación fronte as discriminacións por razón de orixe, raza, relixión, identidade ou orientación sexual, xurdidas dende o ámbito local.

As persoas participantes destas xornadas contribuíron coas súas achegas á análise crítica do racismo estrutural; da xestión de fronteiras (externalizadas e físicas); da relación das políticas migratorias con intereses comerciais; das "devolucións en quente" ou dos CIEs, sempre dende múltiples perspectivas: legal; sociolóxica; decolonial; pero tamén dende o punto de vista do activismo en primeira persoa. Por último, pechamos estas Xornadas cun diálogo aberto sobre a existencia de narrativas ou prácticas racistas tamén dentro da esquerda.

Estas xornadas leváronse a cabo os días 1 e 2 de decembro na Domus. Poden visualizar os videos das xornadas pulsando nas ligazóns abaixo indicadas.

Xornada do venres 1 de decembro de 2017.

        Video. Que facer dende as institucións públicas locais na cuestión do refuxio/asilo/migración?

Xornada do sábado 2 de decembro de 2017. 

        Video. Un novo horizonte de transformación o antirracismo político

        Video. Artellar outros mundos posibles, aquí e agora

        Video. Diálogo de peche: O racismo na esquerda

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?