Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Consulta previa á redacción da Ordenanza municipal de Igualdade

29 de novembro de 2018

Aberto o prazo para participar na consulta previa á redacción dun proxecto de Ordenanza municipal de Igualdade.

De acordo co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de ordenanza, lévase a cabo unha consulta pública, a través do portal web do Concello da Coruña, coa finalidade de recoller a opinión da cidadanía, organizacións e asociacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma sobre:

  1. Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa

A Administración Local é a máis próxima á cidadanía. Esta proximidade imprímelles un valor engadido ás ordenanzas municipais que, ademais do seu carácter normativo, atopan a súa forza a través da visibilidade da norma e a capacidade comunicativa que facilita esa proximidade.

Por tanto, fixar os preceptos lexislativos, aos que está subordinada, nunha ordenanza municipal de igualdade pretende solucionar o déficit comunicativo entre os principios e preceptos da lexislación do estado e da comunidade autónoma sobre a materia e a cidadanía.

  1. A necesidade e oportunidade da súa aprobación

A ordenanza ditarase de conformidade coas competencias que lle corresponden ao Concello da Coruña conforme ao disposto na Constitución española e na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

  1. Os obxectivos da norma

En relación cos problemas que se pretenden solucionar, os obxectivos da norma, entre outros, son os seguintes:

  • Dotar dun maior rango as políticas de igualdade, dentro do marco das políticas municipais
  • Buscar unha maior implicación da cidadanía no obxectivo da igualdade
  • Dotar o Concello de instrumentos cos que integrar a perspectiva de xénero dentro da súa actividade cotiá e que contribúan activamente ao desenvolvemento de políticas de igualdade
  • Darlle á igualdade a categoría de compromiso para o goberno municipal, como responsable da xestión e como representante da cidadanía na procura dunha fronte común, que mire cara a unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria, sen perder a perspectiva da súa complexidade e diversidade.
  1. As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias

Non hai posibles solucións alternativas. Os plans de igualdade poden regular un ámbito parcial e concreto cun obxectivo específico de combater determinadas desigualdades detectadas. Pero, precisamente, convértese así nunha ferramenta para desenvolver un aspecto determinado da propia ordenanza.

En consecuencia, a cidadanía, organizacións e asociacións que así o consideren, poden remitir as súas opinións sobre os aspectos propostos neste documento ata o día 14 de decembro de 2018, a través do seguinte correo electrónico: igualdadediversidade@coruna.es

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?