Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

CONSELLO MUNICIPAL DE IGUALDADE

Imagen

Por  Decreto do alcalde da Coruña de 5 de decembro de 2018 aprobouse a creación do Consello Municipal de Igualdade e as súas normas internas de funcionamento, de acordo coa posibilidade prevista no apartado 3 do artigo 2 do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá.

O Consello Municipal de Igualdade configúarse como un órgano para a participación cidadá, colexiado e de carácter sectorial, de natureza consultiva e propositiva no Concello da Coruña no ámbito da igualdade de xénero e das diversidades afectivo sexuais.

Un espazo para debater, asesorar, informar, estudar, revisar, propor e traballar en rede, e que ten como obxectivo xeral facer achegas ás políticas, liñas e accións municipais no ámbito sinalado.

Ten entre os seus obxectivos o de converterse nun foro estable de participación onde se expoñan as iniciativas específicas tanto do propio concello como das entidades e colectivos que o compoñen, a través dun traballo en rede, favorecendo sinerxias e optimizando os recursos dispoñibles.

O Consello está formado por:

a) O concelleiro ou a concelleira competente en materia de igualdade.

b) Unha concelleira ou concelleiro en representación de cada un dos grupos municipais presentes no Pleno do Concello. No caso de que os partidos políticos conten cunha persoa representante no consello por formar parte da corporación municipal, non se poderá duplicar a súa representación.

b) Unha persoa representante de cada unha das entidades cidadás e cuxo obxecto social, finalidade ou actividades estiveren relacionadas co ámbito da igualdade de xénero e/ou a diversidade afectivo sexual, e comuniquen a súa vontade de participar no Consello.

Para isto, deben presentar escrito acompañado do acordo do órgano correspondente da entidade no que se manifeste a vontade de formar parte do Consello e no que tamén se designe á persoa representante e á suplente.

No caso de non figurar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e preciso presentar tamén os estatutos da entidade.

c) As persoas representantes de colectivos de especial relevancia social no ámbito da igualdade de xénero e a diversidade afectivo sexual que así acorde o Pleno do consello.

e) Unha persoa representante das seccións ou unidades de igualdade de cada un dos sindicatos máis representativos.

f) Persoas representantes das unidades de igualdade de organizacións empresariais e/ou de persoas profesionais autónomas, en idéntica proporción que o número de representantes de entidades sindicais.

g) 1 persoa en representación dos principais medios de comunicación locais.

h) 1 persoa en representación das asociacións de veciños e veciñas da cidade.

i) A persoa titular da presidencia do Consello Escolar Municipal, ou vogal en quen delegue.

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?