Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Presentación

Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade

Benvidas e benvidos á web da concellaría de Igualdade e Diversidade.

Para min é un gran reto estar á fronte desta área, unha área que, salvo nunha lexislatura, estivo incorporada á area de Servizos Sociais, mais da que sentimos a necesidade de separarnos, xa que o enfoque co que afrontamos o traballo en materia de Igualdade e Diversidade é outro.

Cremos que os ámbitos de traballo desta área precisan dunha aposta política e un compromiso maiores. Cremos que, malia todos os avances sociais que se van acadando queda moito, moitísimo por facer: as mulleres seguimos a ser asasinadas e maltratadas polo feito de selo, a sociedade marca uns modelos de persoas que resposta únicamente a criterios que son froito do sistema patriarcal, corpos normativos, identidades normativas...

Queremos abordar o traballo dun xeito colaborativo coas entidades e persoas. Atendendo ás súas necesidades e experiencias nos diferentes ámbitos. Traballaremos sempre coa perspectiva de xénero incorporada ás nosas políticas e atendendo a todo tipo de diversidades: afectivo-sexual, funcional, sensorial, étnica, cultural... e sempre mostrando a diversidade como valor.

As violencias machistas ademais serán outra das liñas fundamentais de traballo, non só atendendo e dando cobertura e apoio ás mulleres e menores que a sofren, senón facendo especial fincapé na prevención, a través de programas dirixidos aos diferentes eixos de idade e tendo especial interese no sistema educativo e na educación non formal de menores e adolescentes, para acadar un cambio real para unha sociedade de futuro libre de violencias machistas.

Por todo isto queremos poñer todo o noso empeño en lograr a visibilidade e o empoderamento de todas aquelas persoas e colectivos que precisan que, desde as institucións se poña a lupa nas necesidades específicas que, compartidas, fan do traballo neste eido un dos mais enriquecedores.

Poñémonos a disposición da cidadanía, aportando todas aquelas ferramentas que se vaian creando para facer da Coruña unha cidade rica na diversidade e na que ninguén se sinta excluída pola súa identidade.

Un saúdo

Rocío Fraga Sáenz

Concelleira de Igualdade e Diversidade do concello da Coruña

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?