Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Escola de empoderamento feminista

O concepto de empoderamento procede do termo inglés "empowerment", que fai referencia ao proceso de "gañar poder" dende a toma de consciencia persoal de ser suxeito de dereitos, capacidade e intereses propios, así como de ter dereito a esixir condicións para poder levalo á práctica. Así entendido, o empoderamento feminista é unha estratexia para o avance social das mulleres e a incidencia política cara a Igualdade; e así aparecía incluída na declaración oficial de Beijing relativa á IV Conferencia Mundial das Mulleres, organizada por Nacións Unidas en 1995.

A dita estratexia de Beijing inspira o articulado da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo para a Igualdade efectiva de homes e mulleres, na que se recolle expresamente "a elaboración de estratexias para o empoderamento das mulleres", como criterio xeral de actuación da Administración Autonómica Galega no artigo 5.2.d) do Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Igualdade.

Dende este contexto, impulsamos a creación dunha Escola de Empoderamento Feminista; un programa municipal que nace coa intención de ter estabilidade e periodicidade anual. Trátase dun recurso de formación para a cidadanía que busca abrir procesos democráticos alentando a unha maior participación activa das mulleres, a creación de redes, e a mellora da incidencia política para a igualdade e a inclusión das diversidades nos diferentes ámbitos da vida municipal.

Terceira edición da Escola de empoderamento feminista (marzo - xuño 2019)

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade e Diversidade, presenta a III Edición da Escola de Empoderamento Feminista, que se celebrará en diferentes espazos municipais de marzo a xuño de 2019.

Este recurso municipal de formación ten como obxectivo principal á creación de redes de apoio mutuo entre mulleres de todas as idades a partir da participación activa e a aprendizaxe compartida en actividades de lecer, de creación escénica, artística, autocoñecemento e autocoidado.

Todos os obradoiros desta Escola son de carácter gratuíto e teñen límite de prazas. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas adxudicaranse mediante un sorteo específico para cada un dos obradoiros ofertados.

Cada persoa poderá participar nun máximo de dous obradoiros, aínda que no proceso de preinscrición pode seleccionar ata catro obradoiros. 

SORTEO PÚBLICO

28 de febreiro ás 8.30 h.

Podes consultar o resultado do sorteo na seguinte ligazón .

PUBLICACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAS DE AGARDA

1 de marzo

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?