Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Coruña, cidade acolledora

CIDADE - REFUXIO

A intención da Concellaría de Igualdade e Diversidade é a de promover a inclusión en igualdade como valor identitario na vida da cidade.

 Ante a crise humanitaria que estamos a vivir en Europa, o concello de A Coruña declarouse como Cidade-Refuxio alentando e acompañando á cidadanía desde a solidariedade.

 “En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del en calquera país”. (Art. 14, Declaración Universal dos Dereitos Humanos)

 A nosa obriga como institución é xestionar esta onda solidaria que xurdiu da veciñanza coruñesa, polo que o Concello comprométese a acoller o continxente de persoas refuxiadas que corresponda, coordinándonos coas institucións e coas entidades que levan anos traballando nesta materia.

 Como pode colaborar a cidadanía e as entidades?

 Formulario ofrecementos Cidade-Refuxio

 O reto de facer da Coruña unha Cidade acolledora va máis aló

Desde o Concello queremos deseñar programas e ferramentas que fagan da cidade un exemplo de cidade acolledora, tanto en situación de emerxencia urxente como a medio e longo prazo. Para o facer efectivo, abriránse liñas de traballo que posibiliten en primeiro lugar a acollida das persoas que chegan de procedencia estranxeira, prioritariamente procedentes do éxodo humanitario Sirio, así como outras que xa teñen feitas solicitudes de asilo e refuxio, e aquelas que xa son veciñas de feito da Coruña e que se atopan con barreiras integradoras, poidan incorporarse tamén como membros de pleno dereito na cidade. Son aquelas persoas que deben ser acollidas porque veñen doutros lugares fuxindo da pobreza, guerras, feminicidio, odio por razón de orientación sexual, ou aquelas que viven en asentamentos precarios ou baixo limiares de pobreza extrema.

CIDADE-ACCESIBLE

Facer efectiva a inclusión en Igualdade require dunha aposta decidida e sen fisuras para convertir en realidade o principio de non-discriminación na vida cotidiana das persoas con Diversidade funcional/sensorial.

O Concello da Coruña interpreta é preciso traballar de xeito activo a prevención e supresión das barreiras que impiden ás persoas acceder á información, ás infraestructuras, á mobilidade e ós servizos en condicións de igualdade.  

  • Acceso ós medios de transporte públicos
  • Acceso ós establecementos comerciais na Cidade.
  • Acceso a restaurantes e bares
  • Acceso a cines, teatros, salas de concertó e espazos festivo-lúdicos
  • Acceso a terminais telefónicos, telecomunicacións e ferramentas da Sociedade da Información.
  • Acceso a organismos públicos
  • Acceso á vivenda
  • Acceso ó emprego
  • Acceso ós servizos públicos de atención á cidadanía.

Entre os recursos e traballos a desenvolver, terán especial importancia o desenvolvemento de tres ferramentas de acción política:

  • Plan Municipal de migracións e xestión da Diversidade.
  • Plan Municipal pola Autonomía Persoal

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?