Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Escola de empoderamento feminista

O concepto de empoderamento procede do termo inglés "empowerment", que fai referencia ao proceso de "gañar poder" dende a toma de consciencia persoal de ser suxeito de dereitos, capacidade e intereses propios, así como de ter dereito a esixir condicións para poder levalo á práctica. Así entendido, o empoderamento feminista é unha estratexia para o avance social das mulleres e a incidencia política cara a Igualdade; e así aparecía incluída na declaración oficial de Beijing relativa á IV Conferencia Mundial das Mulleres, organizada por Nacións Unidas en 1995.

A dita estratexia de Beijing inspira o articulado da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo para a Igualdade efectiva de homes e mulleres, na que se recolle expresamente "a elaboración de estratexias para o empoderamento das mulleres", como criterio xeral de actuación da Administración Autonómica Galega no artigo 5.2.d) do Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Igualdade.

Dende este contexto, impulsamos a creación dunha Escola de Empoderamento Feminista; un programa municipal que nace coa intención de ter estabilidade e periodicidade anual. Trátase dun recurso de formación para a cidadanía que busca abrir procesos democráticos alentando a unha maior participación activa das mulleres, a creación de redes, e a mellora da incidencia política para a igualdade e a inclusión das diversidades nos diferentes ámbitos da vida municipal.

Segunda edición da Escola de empoderamento feminista (outubro - decembro 2018)

Tras o éxito da primeira, nesta segunda edición consolidamos a súa programación de actividades, tratando de conectar á cidadanía da Coruña con propostas de formación diversas e recoñecidas, co feminismo como eixo de transformación social, tanto dende o nivel individual como dende o colectivo.

Tal e como estaba previsto, o 11 de outubro de 2018 ás 8.30h tivo lugar un sorteo para cada un dos obradoiros ofertados. No mesmo, unha funcionaria escolleu ao azar unha letra do total das que compoñen o abecedario e a partir desa letra, e sempre en relación co primeiro apelido da persoa solicitante, asígnáronse as prazas por orde alfabético. As letras obtidas no sorteo podes consultalas na seguinte acta .

A continuación podes consultar as listaxes de persoas admitidas e as listaxes de agarda que operarán en caso de renuncias ou vacantes.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?