Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Qué facemos

QUE FACEMOS?

A misión da Concellaría de Igualdade e Diversidade é a de facilitar a aplicación efectiva do principio de Igualdade na Diversidade na xestión da política municipal, trasladando o seu efecto á contribución efectiva para eliminar as situacións de discriminación e desigualdade que inciden maiormente sobre as mulleres e sobre as persoas en xeral, por motivo das diversidades existentes -funcional/sensorial, procedencia ou orixe étnica, diversidade cultural e diversidade sexual-.

Traballamos nunha dobre estratexia:

  • a da transversalidade (mainstreaming) da aplicación do principio de igualdade en todas as áreas de competencia municipal
  • a do traballo específico para o empoderamento dos colectivos minorizados (autonomía, emancipación persoal-colectiva, inclusión e representación social).

Desenvolvemos programas, servizos de atención directa, campañas e/ou actividades puntuais que atenden os seguintes cometidos:

A)   PROTECCIÓN DA IGUALDADE

  • Velar pola aplicación efectiva do principio de igualdade, tanto na dimensión de igualdade de trato e non discriminación, como de igualdade de oportunidades e igualdade de xénero.
  • Promover activamente a eliminación da discriminación por motivos de sexo, orientación sexual, edad, orixe étnica, cultural, discapacidade funcional ou sensorial etc.
  • Prestar servizos de atención directa a persoas afectadas por situación de discriminación, especialmente por cuestión de violencia de xénero ou de identidade sexual.

B)   EDUCACIÓN PARA OUTRO MODELO DE SOCIEDADE

  • Desenvolver programas de sensibilización con enfoque multidisciplinar e coeducativo como parte do traballo en positivo para a convivencia igualitaria na cidade.   
  • Promover o reparto equilibrado dos usos do tempo dedicados ao traballo remunerado e ao traballo non remunerado.
  • Mostrar e poñer en valor modelos de masculinidade igualitaria e corresponsable cos coidados.
  • Facilitar procesos de empoderamento persoal e colectivo, a través de recursos vitais para a autonomía, a inclusión e a toma de decisións en igualdade.
  • Facilitar recursos para facer da Coruña unha cidade libre de violencias machistas.

 C)   COORDINACIÓN E ALIANZAS PARA A INCLUSIÓN

  • Facilitar apoio práctico a outras concellarías para orientar os programas e servizos municipais cara ao impacto favorable na igualdade no municipio.
  • Promover a elaboración de protocolos de coordinación entre institucións e entidades comprometidas coa igualdade na diversidade.
  • Impulsar o traballo colaborativo entre asociacións e colectivos activos por unha cidade inclusiva e igualitaria.

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?