Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Observatorio municipal de igualdade e diversidade

O Observatorio municipal de igualdade e diversidade  (OMID) é un recurso da Concellaría de Igualdade e Diversidade que ten a misión de facilitar a información necesaria para orientar as políticas municipais cara a superación das desigualdades existentes incidindo na inclusión da igualdade de xénero e a diversidade para a transformación social.

Para este cometido, o funcionamento do OMID vai tratar de incorporar a igualdade de oportunidades aos diferentes mecanismos e procesos de traballo da administración local, ademais de contribuír a un mellor coñecemento da realidade, analizando e difundindo información sobre a situación das diversidades existentes.

FUNCIÓNS:

  • Realizar e promover estudos da realidade social integrando unha mirada feminista á cidade.
  • Realizar diagnósticos e analizar o funcionamento administrativo detectando as necesidades de mellora para a igualdade de xénero.
  • Elaborar informes e balances estatísticos sobre as desigualdades de xénero no municipio en todos os ámbitos.
  • Avaliación das políticas públicas desenvolvendo unha liña de traballo que facilite a orientación dos proxectos, actividades e servizos do Concello da Coruña para que provoquen unha mellora da realidade e un avance favorable na igualdade atendendo ás diversidades existentes. 

DOCUMENTACIÓN E RECURSOS PARA A IGUALDADE

O informe "A Coruña en cifras" que elabora o OMID é unha recompilación estatística sobre a situación das mulleres e dos homes na cidade e na corporación municipal.

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?