Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Atención á infancia a domicilio

cuna

QUE É?

Esta modalidade contempla un conxunto de tarefas centradas nos coidados básicos e atencións prestadas aos e ás menores no seu propio domicilio e/ou fóra del.

O fundamento principal desta modalidade son as necesidades e circunstancias de carácter familiar e laboral, de natureza extraordinaria, tanto dos e das menores (ata os 12 anos) como das persoas responsables que non poidan ser satisfeitas a través do servizo prestado nos espazos de atención á infancia e ludotecas, nin en ningún outro servizo posto a disposición por parte do Concello ou doutras institucións públicas para atender necesidades de conciliación (espazos de atención á infancia e ludotecas de forma preferente, campamentos, comedores escolares, servizo de madrugadores en colexios públicos, actividades para menores programadas polo Concello etc.). Á súa vez, configúrase como un servizo para necesidades puntuais, non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo.

NO SEU PROPIO DOMICILIO: entre outras tarefas:

• Preparar biberóns e papas no momento do seu consumo, así como quentar almorzos ou comidas.

• Axudar a comer en función da idade ou características do/da menor.

• Tarefas relacionadas co aseo ou hixiene do/da menor.

• Supervisión da alimentación e aseo.

• Dispensar coidados a menores enfermos/as en ausencia das persoas responsables, proporcionando medicación en caso de enfermidade, segundo prescricións médicas e sempre que as persoas responsables o autoricen e faciliten as instrucións e orientacións necesarias en relación co seu estado de saúde. En ningún caso a persoa que exerza de canguro asumirá coidados para os que se requira formación sanitaria de grao ou de formación profesional ou coñecementos específicos para o tratamento de determinadas enfermidades ou patoloxías.

 • Planificar e realizar actividades de lecer.

 • Apoio na realización das tarefas escolares.

FÓRA DO DOMICILIO: entre outras tarefas:

Traslados ou acompañamentos do/da menor fóra do fogar, por período máximo dunha hora en cada traslado e sempre dentro do termo municipal. Está incluído, en situacións excepcionais, o acompañamento en transporte colectivo ao/á menor, sempre que o/a menor dispoña dunha tarxeta de abonado/a ao transporte público ao seu nome.

Con carácter xeral, exclúense as tarefas domésticas (salvo aquelas que estean unidas ou ligadas estritamente ao benestar do/da menor) así como a tarefa de acompañamento do/da menor ao/á pediatra. Só con carácter excepcional acompañarase o/a menor á consulta do/a pediatra cando se produza unha emerxencia que poida poñer en perigo a súa saúde durante a realización das tarefas contempladas no parte de servizo. Este acompañamento deberá ser comunicado de forma inmediata ao seu pai, nai ou persoa gardadora ou coidadora para o seu coñecemento e posterior recollida do/da menor.

CAL É O HORARIO DESTA MODALIDADE?

Todo o ano de luns a venres de 07:30 horas a 22:00 horas, salvo fins de semana e  festivos.

CANTAS HORAS SE PODEN USAR?

  • Cada unidade familiar terá un máximo de horas anuais prorrateadas por semestres. Estas horas non serán acumulativas. No exercicio 2018, con carácter xeral, cada unidade familiar contará con 40 horas.
  • Diariamente pódese utilizar o servizo cun mínimo de ½ hora e un máximo de 6 horas, ata a finalización das horas anuais que lle corresponda a cada unidade familiar.

COMO ACCEDER AO SERVIZO?

  • Se é a primeira vez que accede ao Servizo Municipal de Canguraxe: Ver o apartado PROCEDEMENTO DE ALTA E DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR
  • Será preciso en todo caso unha entrevista persoal para fixar os días e horarios.

Unha vez rematado o período inicial solicitado e/ou concedido, para vover a facer uso desta modalidade deberá contactar telefonicamente ou por correo electrónico co CIM (Servizo de Canguros) para obter unha cita previa para a entrevista, e sempre cunha antelación mínima de 48 horas á data que se pretenda (se o servizo comeza o luns, o último día para solicitalo sería o xoves anterior).

Na entrevista realizarase un parte de servizo que recabará as necesidades da unidade familiar (días, horas e actuacions co/a menor). O dito parte será asinado pola persoa responsable do/da menor e polo persoal técnico municipal.

Igualmente, no marco da entrevista asinaranse as autorizacións necesarias para o bo funcionamento do servizo (saidas, acompañamentos fóra do domicilio, emerxencias ou accidentes).

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?