Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Igualdade e diversidade

Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas

espazos de atención á infancia

QUE SON?

ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Son lugares nos que se proporciona aos e ás menores acollemento e desenvolvemento de actividades de carácter lúdico-educativas, na liña da educación non formal, presentando a actividade lúdica como un recurso educativo, de socialización e creativo no seu tempo de lecer. 

O servizo ofrece un conxunto organizado e integrado de actividades contribuintes á conciliación da vida laboral e persoal.

As actividades organízanse en varios bloques: xogo libre; xogo dirixido (obradoiros e actividades de animación sociocultural); apoio  ao estudo (tarefas escolares, aprendizaxe de técnicas de estudo, etc.)

Todas as actividades desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade ben con carácter específico ou ben de modo transversal.

LUDOTECAS COEDUCATIVAS

Son espazos socioeducativos nos que se realizan actividades dirixidas tanto á poboación infantil como ás unidades familiares de referencia e nas que se favorece o desenvolvemento persoal, social, afectivo e cognitivo do/da menor a través do xogo e do xoguete.

As actividades que se realizan nestes espazos cos e coas menores organízanse da seguinte maneira: xogo de libre acceso; préstamo interior de xogos e xoguetes; actividades de animación sociocultural; atención psicopedagóxica etc. Non se realiza apoio escolar, nin actividades relacionadas co reforzo educativo ou a aprendizaxe de técnicas de estudo.

Nesta  modalidade de servizo son asesoradas as persoas responsables dos e das menores sobre o uso educativo dos xogos e dos xoguetes.

Todas as actividades desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade ben con carácter específico ou ben de modo transversal.

ONDE ESTÁN E CALES SON OS SEUS HORARIOS?

Localízanse nos centros cívicos de:

ESPAZOS

PERÍODO LECTIVO

PERÍODOS NON LECTIVOS

TELÉFONO

Centro Cívico Labañou

15:00 A 20:30 h.

8:00 A 15:00 h.

609 435 876

Centro Cívico Castrillón

16:00 A 20:30 h.

16:00 A 20:30 h.

609 167 890

Centro Cívico Sagrada Familia

16:00 A 20:30 h.

9:00 A 15:00 h.

608 708 897

Centro Cívico Palavea

16:00 A 20:30 h.

8:00 a 15:00 h.

682 574 156

Centro Cívico Monte Alto *

8:00 A 15:00 h.

609 400 516

Centro Cívico Mesoiro *

8:00 A 15:00 h.

608 776 489

*En períodos non lectivos, funcionan como espazos

LUDOTECAS

PERÍODO LECTIVO

TELÉFONOS

Centro Cívico Mesoiro *

16:30 A 20:30 h.

SÁBADOS 10:30 A 13:30 h. 

608 776 489

Centro Cívico Monte Alto *

15:00 A 20:30 h.

609 400 516

*En períodos non lectivos, as ludotecas funcionan como espazos

*Nota: para os efectos da aplicación dos horarios, consideraranse períodos lectivos e non lectivos os que estableza a Xunta de Galicia no calendario escolar de cada curso para o nivel de educación infantil e primaria na respectiva Orde da Consellería responsable de Educación da Xunta de Galicia. Consideraranse períodos non lectivos os das vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán do calendario escolar. Tamén se consideran días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas pola mesma consellería.

CANTAS HORAS SE PODEN USAR?

Período lectivo:

Con carácter xeral, cada menor fará uso dos diferentes Espazos de Atención á Infancia ou ludotecas (ou combinación de ambos) ata un máximo de 40 horas totais ao mes, coa finalidade pedagóxica de fomentar, na medida do posible, un tempo compartido entre as persoas responsables do/da menor e os seus fillos/as. En todo caso, as circunstancias persoais e familiares das distintas unidades familiares serán valoradas polo equipo do Servizo Municipal de Canguraxe.  

Período non lectivo:

Non existe un número máximo de horas.

COMO ACCEDER AO SERVIZO?

PERÍODO LECTIVO:

Se é a primeira vez que accede ao Servizo Municipal de Canguraxe: Ver o apartado PROCEDEMENTO DE ALTA E DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

Unha vez dado de alta, e durante o período lectivo ata un total das 40 horas mensuais, o acceso será libre ata completar a capacidade de cada un dos espazos, tendo en conta as motivacións expostas na solicitude e comprobando a dispoñibilidade de praza a través dos seguintes teléfonos de contacto:

EAI SAGRADA FAMILIA

608 708 897

EAI LABAÑOU

609 435 876

EAI CASTRILLÓN

609 167 890

EAI PALAVEA

682 574 156

PERÍODO NON LECTIVO:

Se é a primeira vez que accede ao Servizo Municipal de Canguraxe: Ver o apartado PROCEDEMENTO DE ALTA E DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

Presinscrición

Realizarase unha preinscrición en calquera dos espazos de atención ou nas ludotecas durante tres días, como mínimo quince días antes das vacacións escolares. O anuncio da preinscrición será publicado tamén na web municipal.

Posteriormente publicaranse as listaxes dos/das menores admitidos/as que poderán ser consultados nos propios EAI e ludotecas, no Servizo de Canguros do CIM ou chamando ao 010.

Nos períodos vacacionais o acceso está reservado exclusivamente ás necesidades de conciliación por motivos de traballo ou por cursos de formación debidamente acreditados vinculados ao cobro dunha prestación. Non se contempla o acceso por motivos de lecer ou conciliación da vida persoal e familiar.

Elaboración de listaxes de persoas admitidas

Unha vez recollida a demanda de preinscrición, o persoal técnico municipal (en función dos datos recollidos no expediente: ingresos económicos, tipoloxía e número de membros da unidade familiar, casuística de acceso, mulleres que sofren violencia de xénero e existencia ou non de rede socio familiar de apoio) procederá á asignación de prazas segundo o solicitado polas unidades familiares.

Todas as unidades familiares que presenten a preinscrición en prazo e cumpran cos requisitos sinalados, non quedarán exentas de asignación de praza. O número de días asignados variará en función da demanda existente en cada espazo.

Terán prioridade na asignación:

  • Mulleres en situación de violencia de xénero
  • Unidades familiares monomarentais e numerosas

Listas de agarda

Unha vez asignadas as prazas, os períodos denegados ás unidades familiares serán considerados "lista de agarda". Cando queden prazas vacantes contactarase telefonicamente coa persoa responsable do/da menor para trasladarlle os días dos que se dispón. Para iso seguirase unha rigorosa orde de chamadas conforme á listaxe publicada.

As causas sobrevidas fóra do prazo de preinscrición das unidades familiares dadas de alta no servizo, recolleranse e incorporaranse ao final da listaxe de agarda.

Actualidade

Slider Igualdade Vídeos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?